-
Últimas novas sobre a ría de Ribadeo

Días pasado emitiuse un novo informe sobre o nome da ría por parte da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos (CENG) do Instituto Xeográfico Nacional (ING). A comunicación que está a recibir a xente que enviou documentación é a que deixo en baixo. Así, en resume, coido que se pode dicir que admiten que o…
-
Fermosos vestixios mariñáns. Pablo Mosquera Mata
Fermosos vestixios mariñáns Cunqueiro dixo que era moi difícil facerlle unha foto a un galego sen que non apareza o románico. Algúns podemos engadir que no Cantábrico galego non é posible unha instantánea sen o mar. No meu pobo queda aquela construción cadrangular que se ve ao ir andando dende A Fontiña ata a praia…
-
As Panchas, tan panchas

Un ano máis, chega unha nova edición das Panchas: este ano cada persoa poderá facerse con 400 P, podendo aforrar do seu peto 100 €, que se cargarán ó erario público. Este ano cada ribadense só poñerá 8,5 € para a edición (por 15 € do ano / edición pasada), se nos atemos á…
-
Que malos son os outros! Sátira? Ironía?

Que malos son os outros! Sátira? Ironía? Que non se interprete mal: non, non son malas as súas ideas ou opinións, métodos, querencias ou desexos, senón eles (e elas, claro). Así non fai falta argumentar. Para que argumentar, ou tentar negociar, ou outras “cousas desas”, antiguallas da evolución, do pasado? Non, o malo…
-
Entre capitais de provincia. Pablo Mosquera
Entre capitais de provincia Os da Mariña. Os habitantes da antiga Diócese de Britonia fundada por Maeloc en San Martiño. Os habitantes galegos da costa cantábrica. Non somos lugueses e menos aínda lucenses. Somos por vocación histórica e por costumes, mindonienses. Xa sei que Javier de Burgos, Ministro Xeral do Reino que dirixe María…
-
Cruz de Ferro

Cruz de Ferro Subindo á Cruz de Ferro (de Fierro, din os lugareños) dende Molinaseca, coincidín con tres ciclistas de retorno á súa casa, despois de recuncar en Santiago. Os catro nos atopamos, de fronte, cunha morea de persoas que ían en sentido contrario. Só tres, mais eu, de volta. Os tres asinaron,…
-
BIBLIOTECA-CONFESIONARIO. Xosé Carlos Rodríguez Rañón
BIBLIOTECA-CONFESIONARIO Xosé Carlos Rodríguez Rañón Desde hai xa anos, unha bibliotecaria dunha pequena vila sueca tivo a idea de reunir, durante unha hora (ao xeito das ceas amorosas ou desastrosas de “First dates” ou das feitas ao chou ou ás apalpadelas nalgún restaurante mariñán), persoas descoñecidas pensando que, como o roce fai o…
-
Onde están os pazos do pobo?
Onde están os pazos do pobo? Para poderse construír, e para vivir, a sociedade necesita espazos onde poder facelo. Espazos sociais, comúns e nos que toda a sociedade poda participar; logo, de libre acceso. Os espazos para construír a sociedade están a desaparecer. Tanto os físicos, prazas abertas en troques de…
-
29 concentracións pola paz… ata o momento

Encamiñámonos a celebrar mañá a concentración que fai o número 29 abogando pola paz en todo o mundo. Mágoa que hoxe mesmo o impulso da guerra se deixe sentir máis… Mañá, xoves, ás oito da tarde, concentración diante da casa do concello de Ribadeo.

