-
Outros blogs ribadenses
Eiqui listo outros novos blog experimentais de xente de aquí. Uns seguirán e mellorarán, outros pronto pararán as súas actividades… todos comezaron. http://outroribadeo.blogspot.com http://millimm007.blogspot.com/ http://xinita007.blogspot.com/ http://maryuri007.blogspot.com/ http://albipedi.blogspot.com/ http://pocho01234.blogspot.com/ http://bustelocity.blogspot.com
-
Unha botella en Santa Cruz
Decidín tomar a foto. Levaba xa vistas máis de dúas ducías á beira do camiño Ove-Sta. Cruz e vin un reflexo do Sol nela. Lembrei que, a parte de ser unha cochada, a parte de ser antiestéticas, as botellas por aí abandoadas, como as que se deixan despois da xira, son un perigo porque concentran…
-
Primeira foto
Ben, non é a primeira foto do blog, senón a primeira que paso como comparativa. No album de fotos de Ribadeo, aparece unha da rúa Rdguez. Murias cara a finais dos anos trinta, sen construír aínda o hotel Comercio. Hoxe a rúa xa non dispón do hotel Comercio, nin beirarúas, está totalmente construída e moitas…
-
Un pequeno anuncio sen foto
Só unhas verbas para transmitir algo sobre o propio blog: a partir da seguinte entrada comezará unha serie de fotos sobre Ribadeo que remedará a imaxe actual correspondente ás fotos do album que estes días se está a facer por moitas familias en Ribadeo. Iranse poñendo no blog a imaxe máis actual das vistas que…
-
Este Concello que temos
Parece cada vez máis difícil falar sobre cousas de Ribadeo sen falar do Concello. É chocante, pois ó ir crecendo, coido que debérase diluir a influencia do Concello no día a día. Nembargantes, entre onte hoxe, é imposible non falar, estando en Ribadeo, do atraso de moitos meses na apertura da piscina, da perda de…
-
Unha intriga…
Sabido é (xa o referín outros días) que aprece ser que unha asociación de G.C. presentou unha denuncia contra min en Mondoñedo. Por eso me estou interesando por temas relacionados. Hoxe deuse a nova de que a mesma asociación denunciara a falta de vestiarios en Burela, o ‘alumarse e quentarse con velas’ e outras cousas…
-
Entre outras, a piscina
Sorprende estes días a nova: despois de levar pechada dende comezos do verán, despois de idas e vida sobre a concesión, aínda mañá se vai a revisar o pliego de condicións para xestionar a piscina outra tempada. Entre unhas e outras cousas, difíciel será que comece a funcionar antes do próximo verán. é dicir, unha…
-
Un Ribadeo diferente
Hoxe é domingo. Por eso a idea de amosar no blog algo diferente. Escollín dúas fotos, unha do Ribadeo baixo terra que se amosa na obra para soterrar o lixo e que nos fai ver que baixo unha boa terra aparece a rocha e as raíces teñen que furar e manterse como poden. Á beira…
-
Grazas
Na nota anterior, de hoxe mesmo, esquecéuseme unha cousa: DAR AS GRAZAS a tódalas persoas que me comentan que non entenden o que pasa e dun xeito ou outro sinto que están ó meu carón. A todas elas lles adico este pequeno sorriso debuxado a man alzada. Perdoade as imperfeccións: todos somos imperfectos…
-
Kgome
Ilustro hoxe o blog coa foto tomada en Foz este verán que da mostra dunha protesta: a dun comercio que lle fixeron pagar máis de 25000 das antigas pesetas en dereitos de autor por ter música ambiental. Veume á cabeza debido á nota que lle pasou á prensa a asociación que presentou unha demanda contra…