Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.450 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Porto seco en seco

    Despois de lograr a ampliación de Mirasol (en canto a superficie, non esquezamos que resultou un recorte en lonxitude de peirao), aparece de novo o tema do porto seco no polígono (co que un se pregunta cal era o obxectivo de dispor dunha maior superficie no peirao) ó tempo que se auncia un retraso de…

  • Ribadeo, a voltas coa ría

    Vai xa tempo que avisei no blog de que se en internet a grande maioría de veces aparecía non ‘ría de Ribadeo’, senón ‘do Eo’, cedo ou tarde, máis ben cedo, a batalla pola denominación estaba perdida. Onde o xornal déume a razón: trátase de consultalo de novo. E, se esta vez non vai, xa…

  • Hoxe toca feira

    Hoxe é a inauguración da XII Feira da Ciencia e Tecnoloxía no IES Porta da Auga. Sinxelamente, esperámosvos. Aí queda unha panorámica parcial. — 17/05799 O prezo da cultura … e outras cousas. Actuación da banda de Valladares en Ribadeo. Está considerada entre as mellores de Galicia, e o son certamente correspondeu a esa consideración.…

  • O leite é vida

    Ás veces esquecemos. Por exemplo, que a natureza pon nas nosas mans con que alimentarnos e que somos nós os que xestionamos mal moitas cousas, ata que as fastidiamos. O mar está aí para que sexamos testemuñas, xeración tras xeración, de como vencemos á natureza e emporcallamos algo que parecía inabarcable, e deixamos esgotadas especies…

  • Mantemento, para que?

    Para que o mantemento se somos afeizoados ás novidades? Se algo se fastidia, algo novo. O vello, non serve. Un pouco de ironía como a que amosei xa algunha vez sobre temas semellantes: cáese o vial ó faro e, tras tardar tres meses en determinar a quen corresponte (entre portos e concello anda o tema,…

  • Funcionamento municipal

    Ás veces as novas chaman a atención máis polo que non din que polo que din. A que aparece hoxe no xornal sobre a crítica dun partido ó goberno viveirense por ampararse na Xunta para a suspensión de licenzas en relación co PXOM daquela vila é dese tipo: augura unha crise económica no concello debido…

  • Un eclipse, dous centros e unha nova de Le Monde

    Onde houbo eclipse de sol. Entre o recente eclipse, moito máis impactante que este, e o tempo, que non permitiu velo dun xeito adeucado, pasou sen pena nin groria. Moito máis importante para Ribadeo é que se vai confirmando a división do IES Porta da Auga. E digo que se vai confirmando porque leva xa…

  • Cabreo

    Cabreado, non se pode ou cando menos é dificultoso opinar con ecuanimidade. Ese é un dos motivos que provoca que algunha vez o blog non apareza con novas ou que o comentario sexa reducido. Hoxe é un deses días. E nada máis poño a miña extrañeza nunha nova sobre os nenos saharianos: aparece na prensa…

  • Tres reunións pedindo o mesmo

    A ambigüidade do título paréceme clara: Os xefes mariñanos ‘pedindo’ a apertura do parque de bombeiros, e o parque inhábil con cinco incendios pullando. Os pubeiros pedindo unha xuntanza mentras (segundo a prensa) califican o ruído de puntual e ‘presuntas molestias’. O caso é que na primeira das situacións, teñen eles a posibilidade de abrilo,…

  • A pasarela será tratada

    O mirador do cargadeiro será tratado para evitar que se deteriore. Leva anos pedíndoo a berros, xa está deteriorada. Pero falan en futuro. Pode ser mañá, pode ser … despois de que se repare o desprendimento de terras, que aínda non se sabe a quen corresponde amañalo. Os de Viveiro andan ás voltas co ‘botellón…