-
O leite é vida
Ás veces esquecemos. Por exemplo, que a natureza pon nas nosas mans con que alimentarnos e que somos nós os que xestionamos mal moitas cousas, ata que as fastidiamos. O mar está aí para que sexamos testemuñas, xeración tras xeración, de como vencemos á natureza e emporcallamos algo que parecía inabarcable, e deixamos esgotadas especies…
-
Mantemento, para que?
Para que o mantemento se somos afeizoados ás novidades? Se algo se fastidia, algo novo. O vello, non serve. Un pouco de ironía como a que amosei xa algunha vez sobre temas semellantes: cáese o vial ó faro e, tras tardar tres meses en determinar a quen corresponte (entre portos e concello anda o tema,…
-
Funcionamento municipal
Ás veces as novas chaman a atención máis polo que non din que polo que din. A que aparece hoxe no xornal sobre a crítica dun partido ó goberno viveirense por ampararse na Xunta para a suspensión de licenzas en relación co PXOM daquela vila é dese tipo: augura unha crise económica no concello debido…
-
Un eclipse, dous centros e unha nova de Le Monde
Onde houbo eclipse de sol. Entre o recente eclipse, moito máis impactante que este, e o tempo, que non permitiu velo dun xeito adeucado, pasou sen pena nin groria. Moito máis importante para Ribadeo é que se vai confirmando a división do IES Porta da Auga. E digo que se vai confirmando porque leva xa…
-
Cabreo
Cabreado, non se pode ou cando menos é dificultoso opinar con ecuanimidade. Ese é un dos motivos que provoca que algunha vez o blog non apareza con novas ou que o comentario sexa reducido. Hoxe é un deses días. E nada máis poño a miña extrañeza nunha nova sobre os nenos saharianos: aparece na prensa…
-
Tres reunións pedindo o mesmo
A ambigüidade do título paréceme clara: Os xefes mariñanos ‘pedindo’ a apertura do parque de bombeiros, e o parque inhábil con cinco incendios pullando. Os pubeiros pedindo unha xuntanza mentras (segundo a prensa) califican o ruído de puntual e ‘presuntas molestias’. O caso é que na primeira das situacións, teñen eles a posibilidade de abrilo,…
-
A pasarela será tratada
O mirador do cargadeiro será tratado para evitar que se deteriore. Leva anos pedíndoo a berros, xa está deteriorada. Pero falan en futuro. Pode ser mañá, pode ser … despois de que se repare o desprendimento de terras, que aínda non se sabe a quen corresponde amañalo. Os de Viveiro andan ás voltas co ‘botellón…
-
Ribadeo, 06:00 horas
Os domingos soen ter pouco que contar, pero dalgún xeito, moitas veces hai auténticas novidades. Esta noite, ás 6 da mañá decateime de que nun local de enfrente estaban (cando xa tiñan que ter pechado, claro) dando vasos de pástico ós que saían. Ós meus ollos, resultado: 1. a xente non tira vidros pola rúa.…
-
Un par de cousas (ou tres)
Unha: apoio á non patentabilidade de ideas sobre software: Ata cándo estaremos amezados non noso futuro a raíz de que as ideas poidan ser propiedade excluínte? Dúas: di Balbino que el non insulta (hoxe saíu na prensa). E eu lémbrome de cando me chamou mentiroso. Tres: unhas xornadas en Santalla de Oscos sobre os roteiros…
-
Escomezando
Remata hoxe en Cedofeita o ciclo de presentacións musicais pola parroquias a cargo dos alumnos da escola de música. ‘Máis perto de ti’ era o título. Os resultados, só visibles a longo prazo, e a cousa está (alomenos así coido que debera ser) comezando. Os pícaros xa están pensando en actuacións máis lonxe, pola zona…