-
Ribadeo no tempo, a través das imaxes (outro Ribadeo foi posible) / 2ª entrada de hoxe
Parece que se perfila como un dos libros clave para este ano en Ribadeo. Chegarase á segunda edición? Douscentos cincoenta exemplares da primeira parece que se quedan insuficientes, se ben polo momento hainos porque só se reparten a socios de O Tesón. Se alguén quere un, que se poña en contacto… ser socio da asociación…
-
Ribadeo, un pleno.
No pleno de onte, 10/07/06, non había tal pleno de xente observando nin de opinións entre os concelleiros. Poucas cousas se votaron por unanimidade, e si moitas por 7/6. Entre as cousas das que deu tempo a entender algo estaba o convenio para formar un consorcio na área de benestar e igualdade de xénero,…
-
Remato de enterarme (3ª de hoxe)
Remato de enterarme de que hoxe se vota para a súa aprobación inicial a nova ordenanza de contaminación acústica. Foi enviada para a súa vista á asoc. de veciños o mesmo día que pasaba pola comisión… así se fan as cousas (neste concello) Aínda non a vin, pero teño ganas de botarlle unha ollada.
-
Un repaso (2ª de hoxe)
Levaba varios días sen ler a prensa local, e atópome con varias novas que casi me obrigan a referirme a elas: Augasantas non é que non teña bandeira azul, é que hai que prohibir o baño por non ter nin vixiancia… (algo xa falara a semana pasada…) así, non creo que prospere a petición en…
-
Un éxito (de reparto)
Polo que parece, o libro sobre o Ribadeo posible realizado polo Tesón ten moita xente que o quere, tanta que hai que poñer cota para telo para os socios. E pregúntome, quererán telo como lembranza, porque trata de Ribadeo, como un obxecto turístico, ou porque é diferente e induce a pensar noutras posibles diferencias que…
-
De amaños e consideración
Onte vin algo que non sae normalmente nos periódicos: a máquina de limpeza deixou un rego de pingas de aceite polas rúas (véxase esta mañá, por exemplo a r. San Francisco). Tamén, no mesmo parque, observei que o seto vai parecendo mortecino e asoballado. Agora, veñen os pensamentos: a máquina non é a primeira volta…
-
Música e músicos, e outras artes
Onte foi o concerto de fin de curso da escola municipal de música e danza Hernán Naval no auditorio Carlos Álvarez, ambos de Ribadeo (resño de novo que ningunha das dúas entidades ten o nome oficial polo momento…). Pachelbel con Tachaikovski, Jo Vlies, Abba, Mozart, conxunto da Un. de Berkeley… arranxados en algúns casos, como…
-
A salto de mata
Só nun momento, hoxe escoitei que Ribadeo non daba atopado socorristas. Polo que parece a cousa está non na nova, senón na súa causa: teño entendido que ós socorristas en Ribadeo funcionan menos tempo que en Asturias e págaselles menos por mes. Se eso é certo, a consecuencia é lóxica. Ou non? Ata sábado (supoño)
-
Selectividade. En Ribadeo e en Alemania
Dos corenta e nove estudantes presentados polos centrso de ensino de ribadeo á selectividade, só dous suspenderon, un en cada un dos IES. Do bacharelato tecnolóxico, ningún, aprobando a selectividade (contando as probas de aceso e as notas do bacharelato) cunha media próxima a 7, o que non está nada mal. Outra selectividade foi suspendida,…
-
Un aviso: sábado, presentación de libro en Ribadeo
Parece que a nova hoxe é que Ribadeo non ten bandeira azul para as súas praias. É unha nova ben vella. Nembargantes, á noite houbo unha asamblea da Asoc. Puente de los Santos (Por que non se chamaría ría de Ribadeo…?) na que se presentaron as actuacións durante o último ano. Considero que dita asociación,…
