Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.301 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Un repaso (2ª de hoxe)

    Levaba varios días sen ler a prensa local, e atópome con varias novas que casi me obrigan a referirme a elas: Augasantas non é que non teña bandeira azul, é que hai que prohibir o baño por non ter nin vixiancia… (algo xa falara a semana pasada…) así, non creo que prospere a petición en…

  • Un éxito (de reparto)

    Polo que parece, o libro sobre o Ribadeo posible realizado polo Tesón ten moita xente que o quere, tanta que hai que poñer cota para telo para os socios. E pregúntome, quererán telo como lembranza, porque trata de Ribadeo, como un obxecto turístico, ou porque é diferente e induce a pensar noutras posibles diferencias que…

  • De amaños e consideración

    Onte vin algo que non sae normalmente nos periódicos: a máquina de limpeza deixou un rego de pingas de aceite polas rúas (véxase esta mañá, por exemplo a r. San Francisco). Tamén, no mesmo parque, observei que o seto vai parecendo mortecino e asoballado. Agora, veñen os pensamentos: a máquina non é a primeira volta…

  • Música e músicos, e outras artes

    Onte foi o concerto de fin de curso da escola municipal de música e danza Hernán Naval no auditorio Carlos Álvarez, ambos de Ribadeo (resño de novo que ningunha das dúas entidades ten o nome oficial polo momento…). Pachelbel con Tachaikovski, Jo Vlies, Abba, Mozart, conxunto da Un. de Berkeley… arranxados en algúns casos, como…

  • A salto de mata

    Só nun momento, hoxe escoitei que Ribadeo non daba atopado socorristas. Polo que parece a cousa está non na nova, senón na súa causa: teño entendido que ós socorristas en Ribadeo funcionan menos tempo que en Asturias e págaselles menos por mes. Se eso é certo, a consecuencia é lóxica. Ou non? Ata sábado (supoño)

  • Selectividade. En Ribadeo e en Alemania

    Dos corenta e nove estudantes presentados polos centrso de ensino de ribadeo á selectividade, só dous suspenderon, un en cada un dos IES. Do bacharelato tecnolóxico, ningún, aprobando a selectividade (contando as probas de aceso e as notas do bacharelato) cunha media próxima a 7, o que non está nada mal. Outra selectividade foi suspendida,…

  • Un aviso: sábado, presentación de libro en Ribadeo

    Parece que a nova hoxe é que Ribadeo non ten bandeira azul para as súas praias. É unha nova ben vella. Nembargantes, á noite houbo unha asamblea da Asoc. Puente de los Santos (Por que non se chamaría ría de Ribadeo…?) na que se presentaron as actuacións durante o último ano. Considero que dita asociación,…

  • Algunhas cousiñas

    Lourenço (director da Escola de Música á que eu sempre chamo ‘Hernán Naval’) e Mari Luz (encargada do ramo no concello) poden estar de noraboa: fixeron ganar ó Concello no xulgado por unha volta, a conto da reclamación dun profesor de música en relación co sistema de contratación. Xa vai sendo raro que o concello…

  • Dúas notas de prensa

    Hoxe só adxunto dúas notas de prensa ben dispares. Unha, a que aparece máis abaixo, sobre o ruído en Vigo, a modo de testemuña noutro sitio sobre un tema do que escribo con frecuencia. Outra, a que aparece mesmo a continuación, de O Tesón, a asociación de veciños ribadense sobre o nome da ría de…

  • Ribadeando, 10000 e medrando

    Onte superáronse as 10000 visitas a Ribadeando. E seguimos. É natural, despois dun ano, que unhas entradas teñan un interese moio máis pequeno que o de outras, o mesmo que tamén é natural que despois de cáseque trescentas entradas a un ritmo aproximadamente diario, se dispoña xa dunha base de dados non desprezable, visitantes asiduos…