Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.301 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Ribadeo, pequenas cousas

    Quen vexa hoxe o periódico e as novas de Ribadeo verá algo así como un conxunto de correvaiedilles. Resulta que o servizo de socorristas váise normalizando: xa están, que non é pouco, recobraron unha zodiac (pregúntome que fixeron para recobrala, porque máis ben parece que sexa nova) fáltalles material, teñen material prestado dunha tenda, etc.…

  • Necesito publicar unha segunda hoxe: o 17 ás 17

    O 17 ás 17. Son unhas palabras que teño almacenadas na miña memoria como a consigna para o ‘grorioso alzamento nacional’. foi hoxe fai 70 anos, cousa que me acaba de lembrar un artigo no País sobre o xeral Rojo. Moitas veces teño pensado como tería sido a historia de España sen a rebelión franquista.…

  • Ribadeo musical

    Onte finalizou o campamento musical de Amadores da Música. Un concerto deu conta dos progresos entre os asistentes, que non foron poucos. Os primeiros sons foron do piano, Cando ti crees e os Simpson. A Sonata de primaveira e Manteliño branco (W A Mozart confrontado ás tradicións chilenas) continuaron, deixándose ouvir coas guitarras. Á turca,…

  • Ribadeo, menos ruído?

    Presento o comunicado da A. de veciños O Tesón : A asoc. de veciños O Tesón de Ribadeo, por este comunicado, da conta de que recibiu escrito da Delegación Provincial de Presidencia, Adm. Públicas e Xustiza polo que se denega o aumento de horario de apertura de locais nouturnos unha hora máis no veran, a…

  • Miscelánea ribadense

    As dúas fotos de hoxe presentan dous aspectos de Ribadeo achegados á súa ría. O primeiro, un campamento musical no forte de San Damián: onte foi o día da visita familiar e a gallaroufa deixouse sentir toda a tarde nos arredores. A segunda, xa na mesma ría de Ribadeo, unha imaxe xa típica: a draga…

  • Ribadeo, cultura

        Cada estrela, un libro. así aparece na portada do tríptico editado xa hai por a ANPA do Colexio Público Gregorio Sanz.        Del saco un enderezo, http://www.opacmeiga.rbgalicia.org que me leva despois a ver os fondos das dúas bibliotecas de Ribadeo reseñadas: a do IES Porta da Auga e a Pública Municipal Viejo Pancho,…

  • Comentarios despois dunha primeira ollada á Ordenanza Municipal de protección contra a contaminación acústica de Ribadeo (OMPCCA)

    Son 27 páxinas e por fin puiden botarlles unha ollada. Non se me vai que foi feita copiando e sen fixarse moito, como o indican determinadas faltas de lingua e outras lagoas. Segundo o alcalde, fai meses o dixo, querían facer algo pouco restrictivo, que se houbera posibilidade de que normas xerais foran menos esixentes,…

  • Ribadeo no tempo, a través das imaxes (outro Ribadeo foi posible) / 2ª entrada de hoxe

    Parece que se perfila como un dos libros clave para este ano en Ribadeo. Chegarase á segunda edición? Douscentos cincoenta exemplares da primeira parece que se quedan insuficientes, se ben polo momento hainos porque só se reparten a socios de O Tesón. Se alguén quere un, que se poña en contacto… ser socio da asociación…

  • Ribadeo, un pleno.

        No pleno de onte, 10/07/06, non había tal pleno de xente observando nin de opinións entre os concelleiros. Poucas cousas se votaron por unanimidade, e si moitas por 7/6. Entre as cousas das que deu tempo a entender algo estaba o convenio para formar un consorcio na área de benestar e igualdade de xénero,…

  • Remato de enterarme (3ª de hoxe)

    Remato de enterarme de que hoxe se vota para a súa aprobación inicial a nova ordenanza de contaminación acústica. Foi enviada para a súa vista á asoc. de veciños o mesmo día que pasaba pola comisión… así se fan as cousas (neste concello) Aínda non a vin, pero teño ganas de botarlle unha ollada.