-
Ribadeo, cultura
Cada estrela, un libro. así aparece na portada do tríptico editado xa hai por a ANPA do Colexio Público Gregorio Sanz. Del saco un enderezo, http://www.opacmeiga.rbgalicia.org que me leva despois a ver os fondos das dúas bibliotecas de Ribadeo reseñadas: a do IES Porta da Auga e a Pública Municipal Viejo Pancho,…
-
Comentarios despois dunha primeira ollada á Ordenanza Municipal de protección contra a contaminación acústica de Ribadeo (OMPCCA)
Son 27 páxinas e por fin puiden botarlles unha ollada. Non se me vai que foi feita copiando e sen fixarse moito, como o indican determinadas faltas de lingua e outras lagoas. Segundo o alcalde, fai meses o dixo, querían facer algo pouco restrictivo, que se houbera posibilidade de que normas xerais foran menos esixentes,…
-
Ribadeo no tempo, a través das imaxes (outro Ribadeo foi posible) / 2ª entrada de hoxe
Parece que se perfila como un dos libros clave para este ano en Ribadeo. Chegarase á segunda edición? Douscentos cincoenta exemplares da primeira parece que se quedan insuficientes, se ben polo momento hainos porque só se reparten a socios de O Tesón. Se alguén quere un, que se poña en contacto… ser socio da asociación…
-
Ribadeo, un pleno.
No pleno de onte, 10/07/06, non había tal pleno de xente observando nin de opinións entre os concelleiros. Poucas cousas se votaron por unanimidade, e si moitas por 7/6. Entre as cousas das que deu tempo a entender algo estaba o convenio para formar un consorcio na área de benestar e igualdade de xénero,…
-
Remato de enterarme (3ª de hoxe)
Remato de enterarme de que hoxe se vota para a súa aprobación inicial a nova ordenanza de contaminación acústica. Foi enviada para a súa vista á asoc. de veciños o mesmo día que pasaba pola comisión… así se fan as cousas (neste concello) Aínda non a vin, pero teño ganas de botarlle unha ollada.
-
Un repaso (2ª de hoxe)
Levaba varios días sen ler a prensa local, e atópome con varias novas que casi me obrigan a referirme a elas: Augasantas non é que non teña bandeira azul, é que hai que prohibir o baño por non ter nin vixiancia… (algo xa falara a semana pasada…) así, non creo que prospere a petición en…
-
Un éxito (de reparto)
Polo que parece, o libro sobre o Ribadeo posible realizado polo Tesón ten moita xente que o quere, tanta que hai que poñer cota para telo para os socios. E pregúntome, quererán telo como lembranza, porque trata de Ribadeo, como un obxecto turístico, ou porque é diferente e induce a pensar noutras posibles diferencias que…
-
De amaños e consideración
Onte vin algo que non sae normalmente nos periódicos: a máquina de limpeza deixou un rego de pingas de aceite polas rúas (véxase esta mañá, por exemplo a r. San Francisco). Tamén, no mesmo parque, observei que o seto vai parecendo mortecino e asoballado. Agora, veñen os pensamentos: a máquina non é a primeira volta…
-
Música e músicos, e outras artes
Onte foi o concerto de fin de curso da escola municipal de música e danza Hernán Naval no auditorio Carlos Álvarez, ambos de Ribadeo (resño de novo que ningunha das dúas entidades ten o nome oficial polo momento…). Pachelbel con Tachaikovski, Jo Vlies, Abba, Mozart, conxunto da Un. de Berkeley… arranxados en algúns casos, como…
-
A salto de mata
Só nun momento, hoxe escoitei que Ribadeo non daba atopado socorristas. Polo que parece a cousa está non na nova, senón na súa causa: teño entendido que ós socorristas en Ribadeo funcionan menos tempo que en Asturias e págaselles menos por mes. Se eso é certo, a consecuencia é lóxica. Ou non? Ata sábado (supoño)