-
De cines e fume
Que Ribadeo é unha vila de cine téntao amosar o Concello en Fitur, por exemplo, ou o festival On/Off, ais o que se ve día a día é precisamente a falta de coidado do cine teatro, un edificio que represetna a historia do século pasado en Ribadeo tan ben como calquera outro aínda que non…
-
Amarela Augas Santas
Augas Santas, coñecida hoxe polo de As Catedrais, máis parece hoxe algo como ‘augas do inferno’ ou, na versión moderna, ‘rañaceos’. Facendo o que me dixo un visitante do blog, un ‘fotoblog’, comento as fotos: A primeira saiu con moita luz, e parece unha especie de visión, pero o contexto, obtido no alto do cantil,…
-
Astronomía fóra de Ribadeo (se fora gastronomía…)
Cavilei na astronomía ó repasar unha vella Comarca, de hai 6 meses, que daba nova da reparación da Casa da Ría de Ribadeo. Por aqueles días pedín a chave para a asociación de astronomía de Xerfa, e aínda estamos esperando para poder usar o telescopio. En fin, algún día (posiblemente) o telescopio voltará funcionar como…
-
Poesía no Mondigo. Unha entrada diferente
Nn día no que a prensa recolle as reaccións ó informe da Xunta sobre o PXOM, como quen di amanecín no Mondigo con mágoa por batería para a cámara e un portátil. Unha folla de papel, un par de apuntes e unha transcripción… A luz entra entre a bruma, deixando ver o recorte nídio das…
-
Ría de Ribadeo 04/10/94 Galicia, Asturias 1,740 ha 43º30’N 007º01’W
O título, a data na que a ría de Ribadeo foi incluída no RAMSAR, as comunidades que comprende, as hectáreas protexidas, a situación aproximada… todo está sacado da ‘Lista de humedais de importancia internacional’, menos o nome. Certamente, leveime un chasco e pregúntome quen incluiría a ría no tratado… en fin, o principal é a…
-
PXOM de Ribadeo
Unha volta ollado o informe sobre o PXOM que referín antes, coido que ben ven publicar as alegacións feitas no seu momento polo Tesón. A manifestar que non recibimos ningún tipo de comunicación posterior, e que xa pedíamos unha nova redacción, non variacións aquí e aló, e que o informe da Xunta colle os puntos…
-
O tratado non é Europa
No seu momento apuntei na primeira páxina do libriño do tratado para unha constitución europea a frase que encabeza a entrada de hoxe. Certamente, para comezar, chamábanno constitución pero era un tratado, e que non representaba Europa, alomenos ós seus cidadáns, quedou claro, aínda que non es España. A cousa ven a conto de que…
-
Traduce, que algo queda (2ª de hoxe)
Non me resisto: remato de usar o Opentrad, tradutor da Un. de Vigo galego/castelán/galego coa entrada anterior, e deume a risa, aínda que a alguén lle pode servir. Copio a tradución da entrada (coidado, algún erro é meu en orixe, por escribir mal…) e apostillo que pensei que ía ser abondo pero, pois…
-
Música, educación (segue…)
O tema da educación é demasiado amplo como para non voltar sobre el de xeito asiduo, e máis se se lle une a tra(n)sgresión ou a relación coa sociedade. Quedou onte o dicir de comezo algo xa manido: a música pode calmar. E Bach, a música barroca, de xeito particular; tanto, que ata…
-
Música, educación, transgresión … e Ribadeo, claro
A actuación da Orquestra de Cámara Bach da Gewandhaus (literalmente, casa de vestimenta) de Leipzig fíxome pensar na relación que poño no título. A actuación, presenciada por un auditorio no que quedaban poucos sitios libres, foi aplaudida (ó meu xuízo, con xustiza), en particular, a frauta na Suite nº 2 para frauta e orquestra en…