Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.302 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • O castro das Grobas (Vilaselán, Ribadeo)

    O Castro das Grobas é un emprazamento catalogado no Inventario da dirección Xeral do Patrimonio Cultural, afectado polo Catálogo de normas complementarias e subsidiarias de planemanto’ da Consellería de Cultura, co código de catalogación GA27051007. Neste castro un agricultor descubriu a célebre ‘Diadema de Ribadeo’, que posteriormente sería vendida en Madrid por unha onza de…

  • Unha clasificación da ría de Ribadeo (2ª de hoxe)

    Atención. Remata de facerse pública unha clasificación de pureza de zonas de marisqueo. aínda con toda a carga de consideracións que pode levar, a ría está encadrada en tipo ‘B’, é dicir, moluscos que deben pasar pola depuradora antes de ser consumidos. Non é grave, pero coido que non está previsto que ninguén vixie o…

  • Giovinezza (mocidade)

    Hai xa máis de 30 anos que unha persoa me informou da existencia dunha canción (que eu lembraba como ‘giovenezza’ ou ‘giovanezza’, pero que ó ir a consultar ó dicionario resultou ser como o título), cantada alomenos pola sección feminina da falanxe, e de orixe a Italia mussoliniana. Ven a conto o dato por ver…

  • Día da ría de Ribadeo

    Escoitei hoxe que os pescadores de Palma de Mallorca levaban retirados, dende comezos de ano, 50Tm de residuos flotantes. Por sorte, o Cantábrico aínda non é como o Mediterráneo, e espero que non chegue a selo, aínda que a cousa non pinta ben. O caso é que me fixo pensar, vendo a ría como sae…

  • Castro balbinense no centro histórico de Ribadeo

        Poucos días despois de dar nota dunha obra veciña á oficina de turismo, na ex-horta de Boado, entérome de que é: a reprodución dun castro. E lévome unha sorpresa, non polo onde, por estarse a facer nun sitio no que se descoñece a existencia de castro previo, nin polo como, pois o presunto castro…

  • Parte diario

    Estamos xa afeitos a que os xornais traian nas súas páxinas o parte diario de incendios, co estado de desenvolvemento dos máis importantes, altas e baixas. Parece algo semellante ó que ocorre coa fame no mundo, por exemplo, ou coas catástrofes ecolóxicas, cada grupo nos seus respectivos termos de evolución e importancia dada pola prensa.…

  • Unha nota de prensa de Adega respecto á piscifactoría (2ª de hoxe)

    Reprodúzoa enteira: Santiago, a 10 de Setembro do 2006 ADEGA PIDE QUE A PISCIFACTORÍA DE PESCANOVA DESPRAZADA DE CABO TOURIÑAN A RIBADEO SE APROXIME AOS LINDES DO POLÍGONO INDUSTRIAL EN TRAMITACIÓN O chamado Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria que o governo anterior, -da mán do exconselleiro de Pesca, D. Enrique López Veiga, nos…

  • Pulpo, saltamontes… para unha historia das festas en Ribadeo

    As festas manifestan moito do que pasa no pobo e os seus valores. Non teño idea de onde proveñen as dúas palabras, pero mesmo ‘manifestar’ e ‘festexar’ teñen un algo semellante na forma. Por eso, mirando algúns dos fenómenos da festa podemos atopar unha imaxe da vida diaria, algo deformada, como no antroido, pero ás…

  • Festa!

    Hoxe escoitei o himno galego e o que supoño o bretón diante da casa do Concello. Parece que xa estamos irmanados, en plena festa de Nosa Señora do Campo, que aínda me enterei hai pouco que non é en realidade a patroa de Ribadeo, pero fai as veces. En día de tanta enxundia, paso das…

  • Don erre que erre, versión Ribadeo

    ‘Don erre que erre’ é unha película cómica española de xa hai ‘algún tempo’ (… pode buscarse en Google…) que comezaba e finalizaba cun atraco a un banco. O do PXOM de rbiadeo leva un camiño parello, pero en negativo en canto á solución do conflito/trama, incluído o gasto extra de tempo. En fin, despois…