Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.450 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Película sobre película, e sobre película unha…

    (parodia do Villancico…) Parece ser que houbo viciños de Rinlo que se vestiron de luto por non realizarse a peli. A min paréceme que podería ser aproveitado para facer outra peli, e engrosar o conxunto de pelis sobre Ribadeo, que daría para outra peli máis… Ben, entendo que o pésame foi dado co traxe co…

  • Un Ribadeo de película

    Deixo para mañá o que ía poñer hoxe, porque a nova pareceume resultona: comezan a rodar unha peli, pintan parte dun pobo (Rinlo) para facela, suspéndese a rodaxe porque non deron conseguido cartos, e … as casas pintadas, que pasa con elas? Segundo parece o alcalde prometeu voltalas ó seu estado inicial. Agora cabe preguntarse…

  • A Mariña dos mercaderes separase de Asturias

    Ó crear o que oxe coñecemos como Unión Europea, o primeiro que comezou a funcionar foi o que se chamou a ‘Europa dos Mercaderes’, de xeito que, aínda despois de chamarese Unión, índa o distintivo dos productos segue a ser EC, deirvado anos despois do chamado ‘Mercado común Europeo’. Tamén, era unha das cousas pola…

  • Algo máis para hoxe…

    De novo, algo chama a miña atención; aí vai sen traducción: “si las injusticias se repiten, ¿cómo no vamos a repetirnos nosotros denunciándolas?” (Rosa Montero, El País, hoxe) Hai un ano saía ‘Imaxe Típica’, e hoxe é nova que Noam Chomsky (para algo curto, mellor aquí)sexa supervendas gracias á ponderación dun dos seus libros por…

  • Entre Pinto e Valdemoro

    Hoxe tiven unha sensación rara ó leer os titulares de prensa: a de que estamos nunha especie de ‘entre Pinto e Valdemoro’. O conto é que un borracho atravesaba o regato entre os pobos e dixo algo así como ‘agora estou en Pinto’, pero deu un paso atrás e voltou ‘agora estou en Valdemoro’. A…

  • Foto e teatro

    A foto, a descoberta de que a marea está a baixar, na Ponte dos Santos, ría de Ribadeo. O teatro… A mostra continuou o sábado co grupo ‘Conxunto baldeiro’, cunha obra de Manuel María, ‘A lúa vai encoberta’, que me deixou ganas de ler a obra porque non creo que sexa tan mala como para…

  • Porto deportivo na ría de Ribadeo (2ª de hoxe)

    Aí van unhas cantas fotos… É curioso ver como o porto deportivo hai momentos nos que asemella o cadro ‘As lanzas’ de Velázquez, coa compoñente que ten o ser a rendición de Breda, ou a expresión ‘poñer unha pica en Flandes’, trasladable aquí por ‘poñer un mástil en Ribadeo’. coido que pode escribirse sobre a…

  • Creo nas posibilidades da acción social significativa

    (tamén en Ribadeo) O título está collido de parte dunha frasede ‘La Sociedad en Red’, libro ó que xa me teño referido de Manuel Castells, e é parte dunha declaración de principios do autor que teño por miña antes de coñecer que era tamén súa. Nunha época na que unha das urbanizacións de Murcia que…

  • O arco da vella na ría de Ribadeo (II, 3ª de hoxe)

    O arco da vella sempre produce unha sensacón agradable. Nunha destas fotos, parece saír do caldeiro de ouro, pero non é asi; o novo faro da ría de Ribadeo (As Carrallas) está na base.

  • Arco da vella na ría de Ribadeo

    Vou tentar de poñer algunha foto sen comprimir a menos do 10%, como veño a facer. Para comezar, o arco da vella na ría de Ribadeo, onte. Espero que non coupen demasiado, o xestor do blog non poña inconvinte para cargala e a descarga nos ordenadores conectados non sexa demasiado lenta. Se todo vai ben,…