Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.303 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • O paradoxo do mentireiro: fides ex auditu, tamén en Ribadeo

    Onte leín no ‘El País’ un artigo de Joaquín Estefanía titulado ‘La paradoja del mentiroso’. Antes de seguir, unha citas da primeira parte do artigo (a segunda coido que non ten a altura da primeira): “la democracia es dinámica, (…) la impulsamos o retrocede” (algo que levo dito unhas antas voltas nos post anteriores) “la…

  • Urbanismo, motor de novas en Ribadeo e toda a Mariña

    Asómbrame a capacidade que ten o urbanismo de xerar novas. Acusacións, denuncias, xustificacións, feísmo, cartos, tonterías, … todo vale como nova, sempre que no fondo esteña o urbanismo dun xeito ou outro. A última (que non ven en solitario, hai máis novas sobre o tema no mesmo xornal), que Ribadeo adapta o seu Plan Xeral…

  • Pubeiros, baristas e Anna Politkovskaya

    Hai un tempo, introducín no meu vocabulario un neoloxismo (coido que oínllo a un amigo e non foi invención miña), ‘pubeiro’, para designar á xente relacionada como propietario ou traballador dun local de hostelería nouturna. Máis adiante, abondo máis, atopeime co saquiño de azucre que aparece na imaxe e pregunteime e preguntei que sería barista.…

  • E outra foto de Ribadeo: Anarquía en Ribadeo, segunda de hoxe

    Tomada do calexón segundo se sube a Viejo Pancho. Recalco o de orde e a falla de autoridade. FAG supoño Federeación Anarquista Galega ou algo así, e o diaño debe ser estrano, pero calquera sabe. Da que pensar sobre Ribadeo, pero coido que o texto é maís un desexo ó ver una definición que unha…

  • Atardecer en Ribadeo

    Tres fotos amosan o que foi onte un prácido atardecer: dende o Cantón sobre a rúa Villafranca, e dende alí, vista sobre o Campo, cara á casa do Concello e cara á Horta de Boado (ex) Por certo, de xeito cronolóxico, a primeira é sobre as casas de Vilafranca.

  • Dous xarros de auga, para Ribadeo (como representante local das institucións) e para min

    Leo nun artigo xa atrasado (unha entrevista a Beatriz de Moura no ‘País Semanal‘) algo que me fai ser máis consciente du enrro do blog e moitos outros escritos meus. Cita un criterio de Milan Kundera para elección de lectura, de libros: descartar os libros difíciles de leer e e fáciles de comprender, e prestar…

  • Un foro de debate sobre os recursos naturais de Ribadeo

    Chámame a atención a presentación das xornadas de medio ambiente. As de patrimonio contribuíron a alimentar o lume da protesta polo urbanismo, estando planteadas sobre o tema dun urbanismo sustentabel. Estas, sobre o desenvolvemento sostible en relación coa defensa dos recuros naturais de Ribadeo, poden ter un curso semellante, pois ó paso que os está…

  • Nota de prensa sobre o castro das Grobas, Vilaselán, Ribadeo

    Enviada pola Asociación de veciños O Tesón: Nota de prensa Recollendo as preguntas e o sentir de moitos asociados e non asociados, a Asociación de Veciños O Tesón ten programado un paseo a pé para visitar ó Castro das Grobas o día 14 de outubro, sábado, ás catro da tarde. Sairase da praza de san…

  • En Ribadeo, hai un ano (2ª de hoxe)

    Só unhas verbas para dar conta de que, hai un ano, había unha nova sobre Hernán Naval, e hai un ano e un día, daba nova de que Ribadeo estaba ligado na páxina de A Nosa Terra, e unha foto cun ‘Minitesón’, na que falaba asemade da exposición ‘A ciencia ten nome de muller’

  • Xurídicamente non hai xeito

    Roel, alcalde de Viveiro: «Xurídicamente non hai xeito de alegar contra a serie de feitos certos». Pois eso, facer as cousas de calquera xeito é doado, e botarlle a culpa a outros despois de que se queixen de cousas certas é moi recorrido e absurdo, aínda que ás veces funcione por presión social. Eso, a…