-
O día despois
Aí van o par de fotos do día despois: a novo edificio xa ‘cáseque’ listo e habitable; se non habitable, co volume final. e o comezo das obras de humanización no mercado, dende dous puntos de vista parellos, un deles sen as luces do camión… Hai novidades nos blog de ribadeo. Aquí tedes algunha (hai…
-
O ruído do exterior como pretexto para pasar do de Ribadeo
Mentras en Ribadeo o pleno do luns segue a dar titulares, atopámonos conque o alcalde celebrou un pleno sorpresa a continuación do primeiro o mesmo luns, sen público e coa finalidade de adquirir os terreos de ERSA para un aparcamento a baixo prezo, recalificalos e construír, despois de procurar os correspondentes permisos en Santiago. Algo…
-
Titulares sobre Ribadeo
Ás veces, a profesión de periodista da unas táboas ou unha visión que se escapan ós demáis na procura de titulares. Algún de hoxe así mo confirma: nesta entrada aludía ó pleno municipal de luns, e hoxe os titulares de prensa din en relación ó mesmo tema: “Vacas pide ayuda al juez para derribar el…
-
Ribadeo, de obras
Xa comezan. De novo en obras, esta volta, para humanizar a rúa Doutor Moreda (rúa leste do mercado), con desprazamento de postos do mercado mercolediano. Haberá que sacar unhas fotos para comparar: testemuña viva polo momento. … despois das dúas entradas de onte, unha coa carga dun pleno, hoxe, unha curta.
-
Retazos dun pleno no Concello de Ribadeo (2ª de hoxe)
O normal é que os plenos sempre den para moito. Este de hoxe, luns aínda, non foi menos. Falouse de subas de taxas e de expropiación de terreos para facer un paseo marítimo e recuperación dunha acea e un muíño de regato en Zona de especial Proteccón de Aves (supoño que máis adiante no tempo…
-
Denuncias medioambientais en Ribadeo
Hai, partindo de Santa Cruz, dúas rutas para recorrer a pé. A pequena, duns centos de metros, era de iniciación, a segunda, era un auténtico paseo. Ambas, eran. Se alguén quere practicalas, os camiños están, e están ben, pero… collamos a maior para unhas pinceladas. 1.Sae de xunta á casa da ría de Ribadeo. O…
-
Ribadeo, ribadeando: entrada 500
Unha pequena retrospectiva para esta entrada 500 do blog de Ribadeo Hai máis de 10 anos, comecei con este sitio web, que ten novas de Ribadeo, da banda, e tamén sobre artigos publicados na época (non todos). Tamén comecei nos blog con esta páxina. Outro blog, esta volta, en relación ós proxectos europeos do IES.…
-
Contrastes na prensa de hoxe (3ª)
“A enerxía máis limpa é a que non se consume (e a que menos costa)”. No novo ‘periódico económico de Galicia’, Nova+, ano 1, nº1, novembro 2006, en castelán (igual que o resto, exceptuados anuncios institucionais e entrevista a político), e como lema dun anuncio de Unión Fenosa… sinxelamente, chócame. Bo anuncio. Galicia vai estrear…
-
Unha cita, referida á actual corporación de Ribadeo
Sería de citar máis aprte do artigo que hoxe trae a Comarca, asinado por Víctor Moro e titulado ‘Contumacia’, no que novamente sae á palestra o nome da Ría de Ribadeo. Como é longo, e ademáis non pedín permiso para a súa reprodución (no é o primeiro de Víctor Moro no que penso nunha reprodución),…
-
Cinco fotos a unha autoestrada (en Ribadeo)
Despois das de onte, que poden servir como fondo de pantalla, as de hoxe non creo que moita xente as quixera poñer como tal. Tres corresponden á Ponte dos Santos sobre a Ría de Ribadeo. Nunha vese a estructura central, tal como está agora e deixará de estalo cando comecen as obras nese tramo (retrasadas…