Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.451 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • De aplicación en Ribadeo

    Traduzo unha cita de Le Monde en El País, a conto da nova regulación de produtos químicos en Europa: ‘co regulamento Reach deséñase o novo modelo económico sobre o que Europa debe basarse: unha industria e unhas actividades que respecten, por principio, o medio ambiente e a saúde’. Naturalmente, ó poñer o título, estou pensando…

  • Un domingo distendido

    Ás portas do novo ano, collamos por Ribadeo este domingo un pouco distendido á vista das montañas nevadas á outra beira da ría (a noite anterior, para non variar, foi outra cousa). Aí vai un pequeno acertixo: o calendrio á beira, repartido por Amadores da Música, que por certo, ten xa aí a convocatoria de…

  • Privatizando Ribadeo

    Hoxe, dando una volta por algún sitio polo que xa facía tempo que non pasaba, ocorreuseme que estou de acordo co alcalde en que este goberno pasará á historia. Pero non o fará polos monumentos estilo fonte, cocos ou Marqués, tampouco polos retrasos acumulados en cirunvalación, autovía ou polígono industrial. Nin pola construcción dun novo…

  • A segunda de hoxe: desinformación, tamén en Ribadeo

    Adxunto un artigo sobre a desinformación, con algún exemplo de Ribadeo. Hoxe, escribiríao con máis datos e máis referido á desinformación que ofrecen as institucións, segundo quen sexa quen a reclame. O artigo foi publicado na Mariña o 24/7/2002 xunto a un artigo relacionado con Ribadeo: “A banda renova o seu concerto sobre cine”

  • Do ruído en Ribadeo e fóra… e do castro das Grobas en Vilaselán

    Onte entereime que o dono dun bar en alonso Martínez (Madrid) irá ó cárcere 32 meses for facer ruídos, nova que me pasou Mariano, e tamén que aquí, en Ribadeo, o concello perdeu outro caso (esta vez no supremo) por permitir (dar licenza e logo permitir) que unha empresa faga ruído na viciñanza das casas…

  • Madrid – Ribadeo. Unha viaxe de ida e volta?

    Moitas voltas teño dado sobre a (falta de) participación da xente en Ribadeo en diversas pequenas (ou grandes) cousas. Por eso teño desenvolto unha pequena teoría, se ben pouco contrastada. Aínda onte, falando cun amigo, saíu o tema. Para min, nun curto resume, houbo unha emigración a Madrid que para Ribadeo máis que para outros…

  • Internet é o que máis se utiliza no centro xuvenil

    Si, en Burela. En Ribadeo seguimos a esperar que os políticos se decidan a rematalo/inauguralo. Pode que agora que se achegan as municipais, a próxima xeración de ribadenses poda usalo. Hai un días que lembrei que o de Vilalba xa é da xeración anterior, e que aquí o único cambio visible dende que decidiron deixalo…

  • A identidade de Ribadeo

    Onte caeu a miña vista nunha pantalla próxima con estatísticas de poboación. A de Galiza non era o que se di unha ‘pirámide de poboación’, pero non me causou moita estrañeza. A da provincia de Lugo, tampouco, pero si alarma, pois máis ben parecía a unha árbore cun pequeno tronco e abundante follaxe que a…

  • A morte, que a todos chega

    ‘Morre o ditador Pinochet’. Pensaría nela mentras mandaba torturar? Dubídase.

  • Avaliación de impacto ambiental

    Remato de atopar un artigo do ano 2000 sobre a avaliación de impacto ambiental (El Ecologista, verán 2000, pp.61 e seg., por Luis Vicente Martín Barajas e Carlos Martínez Camarero). Para a miña sorpresa, atopo uns cantos párrafos xa remarcados pola revista; traduzo e traslado algún: ‘aínda que a avaliación de impacto ambiental deseñouse como…