-
Longo día, longa noite: crónica dende a noite
Tamén en inverno pódese dar o caso dun longo día a máis dunha longa noite. Invertindo os termos por estar máis achegado no tempo, a longa noite manifesta ás claras aquelo de que non tódalas noites son iguais, nin toda noite igual a si mesma. Hai un cacho, foi a música de enfronte a que…
-
Dinamizando o Castro das Grobas, Vilaselán, Ribadeo
Un segundo post hoxe para tratar do castro das Grobas. Adxúntase a foto dun cartel da primeira xornada que O Tesón vai tratar en relación ó castro. Pénsase en facer outras dúas charlas, achegando o tema cada vez máis ás Grobas. Esta primeira corresponde a ver como se está poñendo en valor o castro de…
-
Un concerto en Ribadeo, auditoro Hernán Naval
Na realidade non foi un concerto, senón actuacións. Adxúntase o díptico e algunha foto, incluíndo Reis Magos, que tamén fixeron acto de presencia, o presentador, outra actuación. Notouse pois a presenza de Suso López e non apareceu Lourenço, mentras a xente da ANPA, Suso, Ernesto, Farruco, Javier, eu… estabamos ó completo. Tampouco se viu o…
-
A partir de hoxe os días medran
Xa estamos no inverno, e a partir de hoxe os días medran, co que se pode encarar a vida con algo máis de optimismo, segundo pensaban osa antigos e se ve manifestado nos nosos tempos pola lotería do Nadal, que se xoga hoxe. Sorte a todos e todas, aínda que estatísticamente, como todo o mundo…
-
Festival de Nadal da Escola Municipal de Música e Danza “Hernán Naval” de Ribadeo
Paso a postear a nota íntegra da actuación que terá lugar mañá: A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o seu t A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o seu tradicional Festival de Nadal Actuarán un total de dez formacións xurdidas no seo do propio centro O festival…
-
Premios para centros ribadenses
Hoxe sae na prensa a recollida, onte, de sendos premios na Escola Galega de Consumo por parte do IES Porta da Auga, un trballo coordinado por min, e do Colexio Sagrado Corazón, coordinado por Begoña Sanjurjo. 1700 € (non 1600 como trae a prensa) para mellorar a formación dos alumnos como consumidores. Eu preferiría que…
-
Ribadeo, sen luz
Onte quedou Ribadeo sen luz. Dependendo das zonas, máis ou menos, arredor de 3/4 de hora / 50 minutos. É dicir, nin os 35 minutos de Begasa para todos nin tampouco para todos o máis dunha hora do concello que di nalgunhas zonas. Eso si, con varias intentonas de volta de luz que teran fastidiado…
-
Necesidade de tradutores en Ribadeo, Castropol e en xeral, a Ría de Ribadeo
A este paso, vai ser necesaria unha lexión de tradudores. Véxase un párrafo nunha nova de hoxe: “Puesta en valor de recursos de la ría del encuentro en el Camino Norte de Santiago“.Procurade un mapa e nel, a ría do encontro; na ría, os recursos postos en valor, e logo, mirade a porcentaxe da ría…
-
De aplicación en Ribadeo
Traduzo unha cita de Le Monde en El País, a conto da nova regulación de produtos químicos en Europa: ‘co regulamento Reach deséñase o novo modelo económico sobre o que Europa debe basarse: unha industria e unhas actividades que respecten, por principio, o medio ambiente e a saúde’. Naturalmente, ó poñer o título, estou pensando…
-
Un domingo distendido
Ás portas do novo ano, collamos por Ribadeo este domingo un pouco distendido á vista das montañas nevadas á outra beira da ría (a noite anterior, para non variar, foi outra cousa). Aí vai un pequeno acertixo: o calendrio á beira, repartido por Amadores da Música, que por certo, ten xa aí a convocatoria de…