Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Calendario 2007

    … Non serve só para Ribadeo, pero é un produto típido: o calendario da banda.

  • Dende Ribadeo, 2007

    Coa pretensión inicial de poñer só unhas letras de comezos de ano, dou unha información pouco novedosa. Chove, pero a choiva intermitente non impide que establecementos que tiñan que estar pechados ás 3:30 sigan en plena efervescencia dúa horas despois (caso Alén ou Recuncho), o mesmo que os que tiñan que estar sen música ás…

  • Felicitación de Nadal para Ribadeo

    Coido que a felicitación que o alcalde enviou para O Tesón é para todos os asociados, e por extensión, para todos os ribadenses, por eso vai adxunta. Resulta raro que sexa bilingüe, cun desexo en galego e unha desiderata traducida do inglés ó castelán. Desiderata que ademáis atopei un pouco rara e esotérica e por…

  • 2006, balance dun ano de ruído en Ribadeo

    1.Os ruídos Despois de anos de datos, 2006 en Ribadeo e en canto ó ruído, foi un ano neutro: nin se pode dicir que aumentara substancialmente nin moito menos que diminuíra o ruído nouturno en relación ó pasado ano, manténdose este cuatrienio básicamente ó mesmo nivel de intensidade, pero aumentando o número de días afectados…

  • Unha charla sobre arqueoloxía en Ribadeo

    Adxunto a nota de prensa enviada polo Tesón, xunto coas fotos referidas nela (o conferenciante en pleno traballo e unha das pezas recobradas no castro de Zoñán) e unha foto aérea de Miguel tomada esta mesma semana sobre o castro das Grobas, unha volta desbrozado, en primicia: O venres 29, ás oito do serán, no…

  • Galiza 1 – Ecuador 1. (facendo país co fútbol). Pechando Mirasol (desfacendo país coa política)

    Onte, unha delegación de ribadenses desprazámonos ata A Coruña para ver o segundo partido da selección galega na nova época. Nova época porque parece que o primeiro partido foi aló polo 1922, e houbo abondos ata o 1939. Pero o importante do partido non era o fútbol, con xogadas boas e malas, entradas máis que…

  • Por que esta foto non é actual? Inocentes en Ribadeo

    é unha foto tomada case vai un ano. Non embargantes, costa descubrir, a non ser pola data, cando foi tomada. Só un pequeno detalle fai ver que non é actual: hoxe a valla está máis retirada, impedindo case o paso pola estrada. Parece unha inocentada do día de hoxe, pero non o é. Tamén resulta…

  • Catro estampas ribadenses

    Hoxe, só fotos, catro estampas ribadenses. Unha típica (se consideramos os aditamentos, non tanto) e as outras menos, aínda que poideran chegar a selo (supoño que non necesitan presentación para quen siga o blog)

  • A casa da xuventude, por fin

    Por fin, hoxe, 26 de decembro de 2006, a casa da Xuventude emprégase para a xuventude. Coido que o anterior é abondo explicativo, despois de esperar e esperar. Coa pirámide demográfica de Galicia, e ademáis tendo en conta que a xente nova non vota, os gastos de transporte en tren da xente maior non se…

  • Procesións e fauna: o artigo

       Poño a continuación o artigo publicado en A Mariña/El Progreso o 24/04/97:      Procesións e fauna    Cando se fala de fauna en relación a algunha actividade humana, considérase ás persoas nun sentido despectivo. Non é o caso que pretendo, senón máis ben clasificar a masa que intervén nas celebracións da Semana Santa.…