Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.452 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Unha reflexión, para Ribadeo e para fóra, sobre o ruído que non cesa.

    De vitoria pírrica trata hoxe ‘El País’ o resultado do xuízo contra o ruído de hai un ano, abrindo o artigo ó que fixen referencia onte. A reflexión equivalente, con outras verbas, a fixen eu mesmo fai un ano, despois da sentencia e despois de ler ‘Freakonomics’, un libro no que estuda por exemplo, os…

  • Moderado en Ribadeo

    Parece que son demasiado moderado co tema do ruído. E se non, ver esta nova. De calquera xeito, seguirei como ata agora: pouco a pouco, con algunha pausa que outra e tentando dar tempo para que a xente rectifique (13 anos…). Coido que é o xeito de atopar o equilibrio máis xusto, aínda que vai…

  • Planes portuarios para Ribadeo

    Un anuncio que non tiña oído antes: portos vai expoñer os plans portuarios para que se podan presentar alegacións… en Lugo. De calquera xeito, haberá que ir ata aló, pois algo se ganou polo que parece nas queixas contra o último recheo e o peche do porto, aínda que se fixeran ambos. O mesmo día,…

  • A protección da ría de Ribadeo

    Non é á protección contraditoria da ría que aparece na foto na zona do derrube sen amañar dende hai máis dun ano á que me refiro (o cartel indica ‘zona protexida’). É a á petición da Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo efectuada luns para que se artellen unha serie de medidas de…

  • A exposición dos habitantes dos castros (e III)

  • A exposición dos habitantes dos castros (II)

    Paso as imaxes… algunha non está moi aló, co que terei que mellorala, pero sen facer unha nova entrada. A orde é introdución, asentamentos, espazo interior, vida cotián, economía, artesanía e arte.

  • Presentación da exposición ‘Os habitantes dos castros’ en Ribadeo

    Luns, 5 de febreiro de 2007. Oficina de turismo de Ribadeo. Eduardo Ramil, Director do Museo de prehistoria e paleontoloxía de Vilalba, fixo a presentación da exposición ‘Os habitantes dos castros’, organizada por O Tesón, coa colaboración da fundación de A Mariña Central e o propio museo. Os paneis, divididos en 7 temas diferentes (Introdución,…

  • Unha exposición en Ribadeo (Nota de prensa de O Tesón)

    AVV O Tesón – Ribadeo Nota de prensa O próximo luns, día 5 de febreiro, terá lugar a apertura da exposición ‘Os habitantes dos Castros’. A exposición “Os Habitantes dos Castros” pretende dar a coñecer, dun xeito ameno e didáctico, as características máis salientables dos castros galegos. Está estruturada en sete bloques temáticos e ofrece…

  • Falta conciencia, a ‘conciencia dos novos ecoloxistas’

    Neste caso, de que a Terra está en perigo pola acción humana: onte non se notou o apagón para apoio das posturas enfrontadas ó quencemento da Terra… ou acaso se considerou que non viña a conto. De calquera xeito, se tomamos o tema como indicativo, é unha indicación máis de que queda moito camiño por…

  • Un aviso solidario

    Esta tarde, entre 8 menos 5 e 8 está previsto un apagón voluntario (deixar o consumo de enerxía reducido ó mínimo imprescindible) para chamar a atención sobre o cambio climático. É dicir, sobre o noso futuro como especie.