Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.452 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Terceira de hoxe. Un artigo polo momento non publicado sobre un tema ribadense: a banda

    A banda, ese ser vivo A música basa a produción de sensacións na xeración de sons que gardan algunha relación con outros que os seres vivos podemos escoitar en diversas situacións. E dicir, en certo xeito, en semellanzas. Por eso non é de estrañar que unha unidade de produción musical, a banda, poda ser comparable…

  • Só un aviso sobre as feiras de ciencia e tecnoloxía en Ribadeo

    Estánse a cargar no blog http://fqribadeo.blogspot.com carteis das feiras de ciencia no IES Porta da Auga de Ribadeo. Tamén se están a cargar moitos máis na web do IES. O primeiro índice do blog está aquí

  • Culebrón

    Coido que a algúns seriais da radio lles comezaron a chamar ‘culebrón’ porque unha volta comezados pola cabeza, seguía un corpo da historia que sempre era igual e alongábase, alongábase, alongábase…. como unha longa culebra. si, refírome á nova intervención de Reinante en Ribadeo contra os seus antigos compañeiros (ver a prensa de onte, de…

  • A ciencia ten nome de muller

    Só un aviso: remato de colgar a exposición ‘A ciencia ten nome de muller’ no blog FQRibadeo. Se queres vela, pulsa aquí.

  • San Valentín, querendo a Ribadeo

    Amenzo coa nova de que unha gamberrada fixo pinchar unha ducía de coches en Ribadeo, mentras a programación cultural tenta extenderse a todos, incluídos os máis pequenos, ou ós namorados, co Romeo e Xulieta que se representa hoxe. E mentras o vento zoa fóra con forza, e chove a cántaros, pregúntome que significa o San…

  • Que non pare!

    Despois de falar onte da gordura municipal, non queda outro remedio que dicir hoxe que seguen as liortas en Ribadeo, agora a causa da desinformación do concello ós partidos opositores (da dos veciños xa falei moitas veces aquí). O de onte, sen novas semellantes, de seguro era porque antonte era domingo. Mentres, o carnaval de…

  • É gorda a sociedade ribadense?

    Onte, nas cartas ó director de El País atopeime co conceto de sociedade gorda: o problema dos gordos non é recbir máis calorías dun tipo que de outro, senón que sexan máis das debidas. A nivel mundial pasa algo parello co consumo da enerxía: estase en procura de solucións para substitución de fontes, pero en…

  • Detalles sobre Ribadeo outorgados pola Xunta

    o galimap.xunta.es/gis é un novo servizo de información da Xunta. entrei por curiosidade na información de Ribadeo. a parte da exptensión, poboación, pequena descrición, etc, aparece, respecto dos serviczos relacionados coa ‘sociedade da información’: Buzón ou mecanismo que recolle suxestións e queixas – falta (é dicir, o buzón de comunicación suplicante dos administrados destaca pola…

  • Algo sobre o blog (2ª de hoxe)

    Só unhas verbas como segunda de hoxe: abaixo hai dispoñible un buscador interno do blog… probádeo se queredes. está en período de probas, pero coido que as pasará rápido, non como o tradutor que segue igual (para usalo, á beira dereita…)

  • O ruído entra na campaña electoral en Ribadeo

    Parece ser que o efecto dos recordatorios na prensa dos últimos días sobre que hai un ano que saíu a sentencia acusadora do concello no tema dou ruído en Ribadeo estáse a deixar sentir: JC Andina dexouno caer en declaracións onte, acusando ó goberno municipal de ‘facer o indio’ co tema do ruído. Eso non…