-
Dúas cousas pequenas
Adxunto a foto do cine teatro, para concetar coa entrada anterior de hoxe, ‘Festa xitana en Ribadeo’, e un cartel da Semana Santa como lembranza da súa proximidade e pregón de hoxe.
-
Festa xitana en Ribadeo
Onte o cine Teatro tivo de novo vida despois do seu peche (segue aparecendo o cartel de ‘cerrado por descanso del personal’) cunha festa xitana. Escoitábase a música ó pasar, e víase axente entrar e saír, e o servicio de portas organizado… porque o que se notaba era diversión organizada, ó seu xeito, pero ben.…
-
A Torre dos Moreno e Ribadeo
Onte estaba unha tarde clara e luminosa. A Torre dos Moreno tiña boa luz para unha foto. O mesmo o paxaro nunha árbore do parque. O caso é que de lonxe, a Torre da o pego da aparencia en bo estado, como símbolo de Ribadeo. De cerca, xa teño metido máis dunha foto con cascotes…
-
Despois de falar das misións en Ribadeo… (2ª de hoxe)
Pois eso, falando de misións en Ribadeo, unha foto conmemorativa da misión dos xesuítas en Couxela no 1943, setembro, conservada na igrexa parroquial.
-
Elevador habemos…
Hoxe a prensa trae a nova dun triunfo para o alcalde: a autorización para construír o ascensor da atalaia. Para min discutible, pero certo. Unha obra que quedará para o pŕoximo alcalde e que, dada a mecánica con que se collen estas cousas no concello, ten abondas probabilidades de executarse. Asemade, tamén comezará ‘xa’ a…
-
Feira da Ciencia en Ribadeo, e van 13
De novo a feira da ciencia comeza o seu andar en Ribadeo. Está invitada toda persoa que por alí queira pasar. Na inauguración, en contra do que viña pasando estes anos, participou o Alcalde, mentras o Tenente de Alcalde estaba sentado co público, o mesmo que a concellala de cultura. Eso si, estes quedáronse á…
-
A Feira da Ciencia e Tecnoloxía merece unha segunda hoxe
Hoxe é a inauguración da XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía. En FQ Ribadeo poden acharse moitas referencias á mesma, a esta edición e a outras pasadas.
-
Ribadeo, terra de misión
Por estas datas pódense ver por Ribadeo fotos do ‘congreso eucarístico’ dos cincoenta en Ribadeo, o mesmo que se pode ver por exemplo, no libro de O Tesón “Ribadeo no tempo, a través das imaxes – Outro Ribadeo foi posible“. Estamos en preparación á Semana Santa. Non embargantes, seguimos naqueles ‘tempos de misión’ de hai…
-
50 anos e un día
Onte culminaron as celebracións dos 50 anos da Comunidade Económica Europea, hoxe UE. Un día despois, eses 50 anos e un día da para pensamentos carcelarios e para pensar no futuro, unha auténtica amalgama de pensamentos sobre unha estrutura complicada como a da UE. Non estamos atados como en prisón dentro da Unión, pero podemos…
-
Un día de 23 horas?
Por ausencia, hoxe destaca a de Ribadeo no chan industrial previsto para xa na provincia. Vése as claras na edición de hoxe de La Voz. O polígono tantas veces prometido, que irá (ou mellor, virá) pero a paso de trataruga. de calquera xeito non vai deso o título: vai de que hoxe cambiou a hora,…
