-
Contrastes de Ribadeo e fóra
A foto dos barcos está clara: o pequeno non ten problemas apra saída pola ponte, mentras o grande tivo que sufrir pequenas variacións nas antenas para saír (aínda está nesas…). Co seu volume enténdese o que me dicía o outro día Javier Campos (o mariño) de que o porto interior de Ribadeo non era adecuado…
-
Bitácoras políticas en Ribadeo
Despois da presentación do ascensor de onte, presentación hoxe das dúas páxinas de partido que hai cara ó comezo de campaña en Ribadeo. ningunha das dúas se move moito, ambas están en experimentación, e hai grande diferencia entre elas. A do BNG é o ‘Parladoiro’ levado a internet e con algunha ligazón (non a estas…
-
Pagus – ascensor na atalaia de Ribadeo
Esta tarde foi a presentación do ascensor atalaia-paseo marítimo. As fotos ilustran como está agora a zona, tres vistas esquemáticas/maquetís de como quedará e unha parte da portada do libro de agasallo á xente que asistiu á presentación (tamaño maior que folio, 300px., papel groso, fotos color, tres idiomas, … título, ‘Soluciones de accesibilidad y…
-
De improperios e patadas a sorrisos
Tanto a fin de semana como a noite de luns a martes sucederon casos de agresións á Guardia Civil; no primeiro, no mesmo cuartel; no segundo, no centro. Non deixan de ser curiosos ambos, pois parece que nos dous casos reinaba a calma na veciñaza. En contra de accións como as anteriores, a Paco Lanza,…
-
Unha nova sobre ruído
-
Cousas pequenas
Onte houbo movemento abondo no blog para que hoxe queden só cousas pequenas. O ánimo de Fernando Suárez a pedir axudas do Eo-Natura para diversas actuacións non pode competir en nova co dicir público de Cao acusando a Vacas. Algo polo estilo se pode dicir do caso de prostitución de rumanas nun club ribadense que…
-
Rolda de prensa sobre o urbanismo do alcalde en Ribadeo
-
Mostra de Formacón Profesional
Hoxe inaugurouse a mostra de FP no CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional) de Ribadeo. adxúntase o programa e o cartel. Na mesa, xunta á Directora, a Inspectora do centro, o Delegado provincial de educación (antigo Director do centro cando era un co actual IES Porta da Auga) e o alcalde. No público, entre outros,…
-
Correlingua
Hoxe é o correlingua en Viveiro. Todos os anos se celebra unha xuntanza de alumnos de medias para promover o uso do galego. Hoxe tamén, as ciberirmandades da fala están promovendo que se aconselle ós ‘centros comerciais abertos’ o uso do galego nas súas páxinas web. Non embargantes, coido que mentras non se promocione asemade…
-
Un repaso ás novas
Este domingo xa levo dúas entradas, con fotos da comida social do Tesón. Esta terceira é só para comentar algunhas novas. A primeira, un comentario na entrada sobre o ‘sábado electoral’ sobre a commemoración do nacemento do ‘Viejo Pancho’ en Tala, a súa vila de acollida no novo mundo, é só unha referencia. A segunda…
