Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Algo máis de Ribadeo na rede, esta volta en Google

    O outro día atopei o primeiro anuncio pagado na rede, no buscador Google referente a Ribadeo: promonorte. Tiña un recorte da pantalla para publicar, pero xa non sei onde vai. O caso é que o primeiro anuncio de Ribadeo en Google foi (que eu saiba) o dunha promotora inmobiliaria… Xa o atopei. Aí vai:

  • Hoxe, batalla en Malasaña; mañá, en Ribadeo?

    Parece que por aquí a nova é a invasión de madrileños nunha ponte que chega ata mércores inclusive. A pesar deso, os xornais traen que houbo unha batalla campal en Malasaña, sinal de que Madrid non quedou deserto. Para min, o significado é que podemos estar prevenidos para as réplicas aquí no verán. E é…

  • 2108 visitas en Ribadeo, Ribadeando

    Máis de 100 máis que o pasado, que tamén fora marca, pero por pouco. Foron as páxinas do blog vistas o pasado mes, o que establece unha nova marca. Pode verse se se preme abaixo na pequena gráfica e se elixe ‘tráfico por meses’… O mes tiña 30 días, o que fai presumible que nun…

  • Imaginarium

    Mira ti por onde, onte, lendo o xornal, atópome con que ‘Ricardo Fernández’ e ‘Charo López’, de Ribadeo, fixeron unha viaxe a Finlandia cos seus dous fillos con Imaginarium. ¿? Pois que ambos son de Ribadeo, segundo a nova que trae a sección de economía/negocios do El País de onte, p.9. É dicir, o dereito…

  • O pobo de Ribadeo

    “A pouco que un se despiste, ós veciños súbense ás barbas”. Foi unha frase pronunciada onte por Don Román, o alcalde da serie ‘Libro de familia’. E xa estamos noutro século. Segue habendo moito pasotismo, pero teóricamente é unha democracia: non se trata de subrise ás barbas, senón de exercer ós dereitos, e día a…

  • De emolumentos ribadenses

    Que hoxe saia na prensa de novo o tema da retirada de soldo de alcalde e tenente de alcalde de Ribadeo tomando datos dunha ‘enquisa minimal’ feita polo mesmo reporteiro da Voz, dame pé a poñer por escrito algo sobre o tema que se ocorreu ó día seguinte. Se se espera que o bipartito ribadense…

  • Sons na noite (de Ribadeo)

    Remato de enterarme que a eso das 5 da mañá dos domingos hai un programa da galega que se chama ‘sons na noite’. é dicir, para toda Galicia. Mágoa que sexa de música clásica; en Ribadeo, na ‘vijo Pancho’ ou na ‘Pasarón y Lastra’ a estas horas, tiñan recollida de sons gratis con potencia abondo…

  • O derradeiro atraso?

    … ó final, non puido ser. Nin autovía nin circunvalación están aínda hoxe en servizo, despois de ser posta data para a súa inauguración. É dicir, aínda están a tempo de facer as correccións oportunas que sinalaba onte. Ó tempo, o novo partido, a UPRi, leva a 100 mulleres de excursión á planta de vidro…

  • O dito

    DOG en man, Mirasol con desdoble de vía pública, porque unha xa non será tan pública. Aparecen 1,4M€ para facer o desdoble que nos prive de Mirasol. De calquer xeito, a presión logrou que as verbas do alcalde por esta vez non foran tortas, pois aínda non se cerraron as portas de Mirasol e en…

  • Chove a cántaros

    Amence chovendo a cántaros. Din que o ruído da auga atempera, calma, e bó compañeiro. Asemade, oculta outros ruídos. E pode ter outros efectos beneficiosos secundarios. E xa se sabe, tra-la tempestade, ven a calma. Facía falta que chovera en Ribadeo, para ver se logo, o escampar, o Sol locía como debe e deixamos de…