Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A miña quiniela para Ribadeo, as apostas para a Mariña

    Hoxe saio coa ‘quiniela electoral’ que me preguntaron onte na Voz de Galicia: PP, BNG, PSOE e UPRi con 5,4,3 e 1 respectivamente. Coido que os dous primeiros postos poderían aínda estar invertidos, pero é so unha quiniela. En cambio, as apostas xogan forte noutro campo: hoxe inaugúrase a circunvalación con 18 meses de retraso…

  • Hoxe tocaba pleno en Ribadeo

    Tocaba, pero outra vez máis, non o houbo. O por que, non o sei. Protestará a oposición mañá? Hoxe a nova foi un aspecto do mitin de onte: os rapaces e rapazas que estaban sentados detrás dos oradores, mantendo carteis de apoio (non os contei, sobre unha ducia), leváronse unha camiseta e 20€, e foi…

  • Un artigo xa vello, publicado este ano na Comarca

    Remato de atoparme por casualidade con este artigo que reproduzo a continuación, publicado na Comarca a comezos de ano pero que non viu a luz no blog por un despiste. Aí vai como segunda de hoxe. — 2006, balance dun ano de ruído en Ribadeo 1.Os ruídos Despois de anos de datos, 2006 en Ribadeo…

  • Talante en Ribadeo

    Despois das varias entradas de onte, só un pequeno comentario hoxe a auga pasada. Vexo que o sábado Touriño advertiu de que co PP, Vigo podería quedar illada. Mágoa de actitude como a que facía gala o mesmo PP de negar o pan e a sal se era xente de diferente cor política. Unha cousa…

  • Cheo o patio de butacas do auditorio Hernán Naval, Ribadeo

    Estoume a referir ó mítin do BNG (ver programas eleitorais), que certamente aplicou neste caso o lema eleitoral de ‘pensado para ti’. En máis dunha hora da tempo para dicir moitas cousas; aquí só vai algunha: A aposta foi polo traballo dende o goberno, especificou M. Luz nas súas verbas e continuaría cando lle cheogu…

  • Decepción

    Remato de levarme unha decepción. Despois dunha sentencia condenatoria do concello, locais con licenza e sen condicións (logo legalizados, pero ilegais), despois de seguir a sufrir 50dB polas noites e demáis… os partidos non contemplan nos seus programas nada respecto do ruído en Ribadeo… (aínda non tiven acceso a todos os programas, a ver se…

  • Unha opinión lóxica. Mágoa! non é de Ribadeo

    Collo do xornal as verbas de Manuel Otero, viveirense: O normal, di, sería que «o que fixese cambiar a intención de voto fose o día a día de todo o mandato». Ogallá fóra así sempre. O malo é que a psicoloxía di que na lembranza teñen máis peso unhas lembranzas que outras, e un dos…

  • Aviso de programa eleitoral (II)

    Está xa en Ribadeo historia, ademáis de en ‘Parladoiro‘ o programa eleitoral do BNG para as municipais 2007.

  • China Blue

    Onte fun ver ‘China blue’, un docuemntal traído a Ribadeo polo colectivo 8 de marzo (+ amarante + setem) onde se amosa a vida dos traballadores de moitas fábricas chinas, a maioría mulleres novas, adicadas á confeccón. Neste caso, de pantalóns vaqueiros. Deberan darnos vergoña as condicións de traballo que provoca a globalización, e esa…

  • aviso de programa eleitoral

    Un comentario a unha entrada anterior fixo que agora xa esteña o programa da UPRI para as municipais 2007 en Ribadeo historia (a máis de no seu blog)