-
Aquí teneis a un amigo
Onte foi o mitin do PSOE, con ministra incluída. Aínda que quedaba xente nos bares, a xuntanza, con tanta atracción, estivo moi concorrida, e puido permitirse aínda o comezar con retraso. Mentras que se espera o único (case) momento de competencia directa entre os candidatos, hoxe no auditorio Hernán Naval ás 20:30, para rematar a…
-
Unha nova do blog: 30 000 entradas
Nalgún momento, cara ó comezo desta semana, o blog acadou as 30 000 entradas. Grazas a todos.
-
Día gris
Mellor falar do tempo: día gris en Ribadeo o de onte, onde a néboa cortábase pola tarde ata parecer densa, o mesmo que sucede esta mañá… Onte Cristina Almeida nun acto para mulleres, hoxe a Ministra de Educación nun mítin (non nos centros escolares), veñen apoiar a ‘políticos locais’. Reflexiono por que veñen estes persoeiros,…
-
Quen promete máis? Promesa de zucre e lava máis branco.
Quen promete máis? En Ribadeo está difícil sabelo, pero coido que a UPRi, coas súas novas promesas diarias na prensa. Ó tempo, lémbrome do cartel de Castelao no que dous neniños se preguntan que comerá o Rei: a resposta, dubitativa, é que comerá zucre. O mesmo que nas promesas electorais, promesas de zucre, pensando que…
-
A auga sen domar volve ó seu cauce
A noite de sábado a domingo houbo na zona de Remourelle arrastres de terras, na estrada reme Vilamar, desprendementos, na Ponte das Virtudes (As Cruces) inundacións, pero onte pola tarde xa todo ía cara ó seu rego. As fotos dan conta de cómo baixaba a esa hora o río Grande na Ponte das Virtudes, ou…
-
Un cuarto de hora de pleno
Ese foi o tempo que puiden asistir. O final dun total de 3/4. Dous puntos: aprobación da acta e rogos e preguntas. Naturalmente, cheguei só ó final do segundo. A entrada foi un pequeno choque: na parte de público non había ninguén. E, ademáis, faltaban JC Andina e Santiago (que chegaría pouco despois de min).…
-
Comeza a semana de reflexión
A menos dunha semana das eleccións, xa está a comezar a reflexión. Non é só o último día antes das votacións, senón que una volta expostos os programas, é hora de cavilar. Chama a atención que xunto cos programas se distribúa tamén o que se chama ‘contraprograma’, é dicir, a crítica dos demáis ou propia,…
-
dúas lembranzas de Hernán
Saen na Comarca de onte. Deberan ter saído o 17, pero xa se sabe, non hai edición máis que os sábados. Son os artigos ‘Aprendendo a ensinar’ de Fernando Rodríguez Raño e ‘Bótote de menos hoxe… exactamente igual que onte’, de Viki Rivas Fernández. Lembro que premendo co rato sobre as imaxes poden verse a…
-
Chove, rosa de abril
Chove. Menos que onte, pero chove. Procurei na rede a obra de Rosalía (nº 2 de Cantares Gallegos) que deu pé á ‘Rosa de abril’ de Andrés Gaos, que se tocou onte no concerto da banda de Ribadeo. Atopeina aquí, e aquí vai o texto concreto usado na cantiga, lido onte por Suso. — Nasin…
-
Concerto triste
O ledo Ponteareas, antes do himno galego, non conseguiu animar un concerto dunha banda de poucos máis de 40 músicos escoitada por un máximo de pouco máis de 100 persoas. A música estivo ben, pero a resposta a un concerto clásico en Ribadeo, que non só celebra o día das letras, senón que é unha…
