Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.313 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Patiño feo ou cisne branco?

    Hai veces que a historia recolle casos de patos feos, que non ían coas circunstancias, para descobrir que noutras circunstancias, tiñan moita máis valía. As eleccións están correndo, e pode pasar ‘case’ de todo. De calquera xeito, non está de máis lembrar que non se poden facer abstraccións e vivir deso. A máis dun ano…

  • Encontro 1+1 ‘versus’ 1+1 en Ribadeo: reflexión para un día antes das eleccións.

    Adiantei un resume sobre o debate de anoite a catro bandas entre os candidatos á alcaldía. Na realidade, de ben disposto que estaba para evitar enfrontamentos (que coido que se evitaron por pouco noutro sitio anterior na Mariña), o reparto de tempos fixo que houbera moita exposición e non tanto debate, co que os ánimos…

  • Un adianto sobre o debate mantido en Ribadeo

    Nada novo, pero si algunha curiosidade: ese podería ser o resume do debate promovido pola Voz no auditorio Hernán Naval hoxe, coa vista posta no concello neste final de campaña. Mañá, máis.

  • Aquí teneis a un amigo

    Onte foi o mitin do PSOE, con ministra incluída. Aínda que quedaba xente nos bares, a xuntanza, con tanta atracción, estivo moi concorrida, e puido permitirse aínda o comezar con retraso. Mentras que se espera o único (case) momento de competencia directa entre os candidatos, hoxe no auditorio Hernán Naval ás 20:30, para rematar a…

  • Unha nova do blog: 30 000 entradas

    Nalgún momento, cara ó comezo desta semana, o blog acadou as 30 000 entradas. Grazas a todos.

  • Día gris

    Mellor falar do tempo: día gris en Ribadeo o de onte, onde a néboa cortábase pola tarde ata parecer densa, o mesmo que sucede esta mañá… Onte Cristina Almeida nun acto para mulleres, hoxe a Ministra de Educación nun mítin (non nos centros escolares), veñen apoiar a ‘políticos locais’. Reflexiono por que veñen estes persoeiros,…

  • Quen promete máis? Promesa de zucre e lava máis branco.

    Quen promete máis? En Ribadeo está difícil sabelo, pero coido que a UPRi, coas súas novas promesas diarias na prensa. Ó tempo, lémbrome do cartel de Castelao no que dous neniños se preguntan que comerá o Rei: a resposta, dubitativa, é que comerá zucre. O mesmo que nas promesas electorais, promesas de zucre, pensando que…

  • A auga sen domar volve ó seu cauce

    A noite de sábado a domingo houbo na zona de Remourelle arrastres de terras, na estrada reme Vilamar, desprendementos, na Ponte das Virtudes (As Cruces) inundacións, pero onte pola tarde xa todo ía cara ó seu rego. As fotos dan conta de cómo baixaba a esa hora o río Grande na Ponte das Virtudes, ou…

  • Un cuarto de hora de pleno

    Ese foi o tempo que puiden asistir. O final dun total de 3/4. Dous puntos: aprobación da acta e rogos e preguntas. Naturalmente, cheguei só ó final do segundo. A entrada foi un pequeno choque: na parte de público non había ninguén. E, ademáis, faltaban JC Andina e Santiago (que chegaría pouco despois de min).…

  • Comeza a semana de reflexión

    A menos dunha semana das eleccións, xa está a comezar a reflexión. Non é só o último día antes das votacións, senón que una volta expostos os programas, é hora de cavilar. Chama a atención que xunto cos programas se distribúa tamén o que se chama ‘contraprograma’, é dicir, a crítica dos demáis ou propia,…