Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.452 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A historia das municipais en Ribadeo

    Hoxe chegou ás miñas mans unha táboa que marca a historia das municipais na época democrática última. Aí vai, posta un pouco máis bonita, a engadir a (I), (II) e (III). Varias notas pequenas: * Pode ter algunha pequena variación non importante cos números definitivos * As porcentaxes de votos a partidos están calculadas sobre…

  • Un novo ‘site’ de Ribadeo

    O sitio das xornadas técnicas de automoción é un novo sitio ribadense para difundir as que este ano parece que se van chamar ‘Jornadas Técnicas de Automoción’, organizadas no Centro Integrado de Formación Profesional ‘Porta da Auga’. E é que hai que especificar, pois agora hai dous centros no que antes era un: o ‘IES…

  • … e o pobo dixo: ‘pactade polo ben de todos’

    Entre o título e ‘ollos que non ven, corazón que non sinte’ está a cousa. Explícome. Unha vez comezada a segunda semana despois das eleccións, ó non obter ningún partido a maioría, parecería claro que hai que pactar, e un ‘por suposto’ adxetivando o pacto como claro, transparente e como corolario, en ben da cidadanía…

  • Sobre a escola municipal Hernán Naval

    A escola municipal de música e danza de Ribadeo estaba pendente da data de finalización do permiso para o director ‘fixo’, José Luis. Entendo nestes momentos que a data límite para notificar o retorno xa pasou e que non exerceu o seu dereito á volta ó seu posto, polo que nestes momentos Lourenço Cruz continuaría…

  • Comunicando Ribadeo con Vilaselán

    A situación con Vilaselán comeza a normalzarse. A día de hoxe, entre Voar e a Ponte dos Santos, xa está aberto o paso por baixo da mesma ponte (se ben cortado por mor do desprendemento de hai dous anos), o paso por onde antes se entraba dende Asturias (o único realmente funcional hoxe para peóns…

  • Un calmado domingo post electoral en Ribadeo

    Calma relativa. Parece que os partidos conformáronse ben cos concellais de cada un e non se oen que un saíu máis favorecido que o outro. Completando os artigos (1), (2) e (3) sobre os resultados electorais en Ribadeo, cabe dicir que a orde de verse favorecidos dividindo a cota de poder (número de concellais) entre…

  • Algo máis

    Na anterior entrada falaba dunha carta desafortunada. Despois de ver a Mariña de hoxe, hei engadir que hoxe tamén dúas páxinas enteiras foron adicadas a cartas e artigos contra a mesma. e se o periódico non corta, coido que terá abondas máis para publicar.

  • Torneo

    A nova de hoxe en Ribadeo é deportiva: o torneo de fútbol base. Pero coido que unha nova que non sae na prensa é máis notoria: Ribadeo abarrotado de xente nunha fin de semana na que sae o sol e na que os taxis do parque foron xa substituídos por terrazas dos bares. Mentras, van…

  • Outra cousa pequena

    Remato de ver as estatísticas do mes pasado do blog. 3112 visitas vai ser unha marca difícil de superar, a máis de 100 diarias de media nun mes de eleccións. Grazas a todos.

  • Alcaldes de Ribadeo. Un pouco de historia

    Por algo que non ven a conto púxenme a saber os alcaldes dende a época democrática en Ribadeo. Faltábame algún, pero coido que agora xa están todos. 1979 – Mario Meira, substituído uns meses por Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato Antonio Martínez 1983 – Jaime Vidaurrázaga uns meses mentras non se resolveu unha…