-
Quen promete máis? Promesa de zucre e lava máis branco.
Quen promete máis? En Ribadeo está difícil sabelo, pero coido que a UPRi, coas súas novas promesas diarias na prensa. Ó tempo, lémbrome do cartel de Castelao no que dous neniños se preguntan que comerá o Rei: a resposta, dubitativa, é que comerá zucre. O mesmo que nas promesas electorais, promesas de zucre, pensando que…
-
A auga sen domar volve ó seu cauce
A noite de sábado a domingo houbo na zona de Remourelle arrastres de terras, na estrada reme Vilamar, desprendementos, na Ponte das Virtudes (As Cruces) inundacións, pero onte pola tarde xa todo ía cara ó seu rego. As fotos dan conta de cómo baixaba a esa hora o río Grande na Ponte das Virtudes, ou…
-
Un cuarto de hora de pleno
Ese foi o tempo que puiden asistir. O final dun total de 3/4. Dous puntos: aprobación da acta e rogos e preguntas. Naturalmente, cheguei só ó final do segundo. A entrada foi un pequeno choque: na parte de público non había ninguén. E, ademáis, faltaban JC Andina e Santiago (que chegaría pouco despois de min).…
-
Comeza a semana de reflexión
A menos dunha semana das eleccións, xa está a comezar a reflexión. Non é só o último día antes das votacións, senón que una volta expostos os programas, é hora de cavilar. Chama a atención que xunto cos programas se distribúa tamén o que se chama ‘contraprograma’, é dicir, a crítica dos demáis ou propia,…
-
dúas lembranzas de Hernán
Saen na Comarca de onte. Deberan ter saído o 17, pero xa se sabe, non hai edición máis que os sábados. Son os artigos ‘Aprendendo a ensinar’ de Fernando Rodríguez Raño e ‘Bótote de menos hoxe… exactamente igual que onte’, de Viki Rivas Fernández. Lembro que premendo co rato sobre as imaxes poden verse a…
-
Chove, rosa de abril
Chove. Menos que onte, pero chove. Procurei na rede a obra de Rosalía (nº 2 de Cantares Gallegos) que deu pé á ‘Rosa de abril’ de Andrés Gaos, que se tocou onte no concerto da banda de Ribadeo. Atopeina aquí, e aquí vai o texto concreto usado na cantiga, lido onte por Suso. — Nasin…
-
Concerto triste
O ledo Ponteareas, antes do himno galego, non conseguiu animar un concerto dunha banda de poucos máis de 40 músicos escoitada por un máximo de pouco máis de 100 persoas. A música estivo ben, pero a resposta a un concerto clásico en Ribadeo, que non só celebra o día das letras, senón que é unha…
-
Datos do blog de Ribadeo (3ª de hoxe)
Só un par de apuntes: o 14 chegaron novas marcas, 146 visitas de 95 visitantes (o número de visitantes antes non se podía saber, é unha novedade recente do contador). E a proxección de visitas do mes marca a sobrepasar de longo as 2500 visitas e algo menos de 2000 visitantes, xa veremos como segue…
-
Debate á vista en Ribadeo
Día o de hoxe abondo diferente, con choiva… Estánse a organizar algúns debates entre candidatos. Pois ben, a Voz de galicia pretende facer do de Ribadeo o debate final. Para min parece evidente de que é porque ten máis atractivo, como pon na noticia. Supoño que o tal debate será comedido, pois a tal altura…
-
Hoxe tocou mitin da UPRi en Ribadeo
Comezou o mitin da UPRi ás 21:30, tarde, pode que porque non estaba esperando a ningún xerifalte de partido e así contou que, por uha beira, podía ir máis xente, e por outra, terá cabida segura na prensa do domingo. Unha posta en escea sobria, como corresponde a un grupo pequeno, comezou coa actuación da…