-
Ribadeo no tempo, a través das imaxes (outro Ribadeo foi posible)
Hai xa tempo que a AVV O Tesón ten publicadoo libro titulado como este artigo, Ribadeo no tempo, a través das imaxes (outro Ribadeo foi posible). Foi subido á rede en webcindario, nun blog con apenas mantemento hoxe por hoxe, e agora duplico a entrada http://ribadeo.webcindario.com/O_Teson/RibadeonoTempo/ referida en https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2006/07/loraela-ondes-ests-en-ribadeo-cecais-e.html: Aquí tes un libro, Ribadeo…
-
O concello, para quen o traballa
A estas alturas, Fernando Suárez xa é alcalde, cos votos do BNG. Hoxe a comarca ten unha foto de Vacas e Suárez e tilda a aquel de ‘Alcalde en Funcións’. Sí, érao cando se comezou a repartir o semanario, pero non cando se terminou. Sobre outros comentarios que trae, mellor dalos por pasados e punto.…
-
Os bós e xenerosos, segunda de hoxe en Ribadeo, ribadeando.
Vénme a mente as palabras do himno ó ver o interior dunha noticia de hoxe: “Nós, hai catro anos, fomos moi xenerosos con eles”. Frase de Balbino E. Pérez vacas en relación ó BNG. Sácoa de contexto dunha entrevista, que o lector xa saberá metela no propio contexto da actualidade de Ribadeo. A entrevista completa,…
-
15 de xuño en Ribadeo: do ermo
Hoxe cúmprense 30 anos das primeiras eleccións post-franquismo. Coido que non hai celebración algunha en Ribadeo. En breve, pode deberse ben a que se considera que non ten importancia a cousa e polo tanto non hai que conmemorala, ben a que non se quere facelo ou a que non hai humor para facelo. No primeiro…
-
Empresa Ribadeo
A ERSA era a empresa de autobuses, agora inexistente. Pero o título non se refire a ela, senón a Ribadeo considerado como empresa. Algunha vez teño oído falar de eso, Ribadeo como Empresa. Pero resulta que as empresas, sexa cal sexa a súa actividade teñen todas en primeiro lugar un fin: gañar cartos. E parece…
-
Dúas nova en prensa
Non van de Ribadeo ó direito, pero si están contempladas aquí ‘con Ribadeo ó fondo’ pola súa aplicabilidade. Tampouco son exactamente dúas noticias, pero non se lles pode calificar só de anuncios. 1.Unha titula a España como un país no que case 6 de cada 10 persoas pensan que recibiron unha formación científica inadecuada (porcentaxe…
-
Calor e posibilidades
Ou posibilidades e calor, que tanto monta monta tanto. Eses foron os temas típicos de conversa onte: que ven o verán (astronómicamente o día 21, por temperaturas parece que xa comezou) e que se darán feito pacto ou non. Esto último, como se se falara do tempo: solu ou nubes, pacto ou non, en troques…
-
A piragua
Onte, o Centro Dramático Galego pasou por Ribadeo a facer unha representación. O elenco de actores non deixou atrás coa súa actuación a calidade da obra, ‘A piragua’, ante un auditorio que poucas veces se enche tanto para o teatro. O título é só unha nimiedade ante un problema que se constrúe ás veces a…
-
A velocidade da ría de Ribadeo
En consoancia co artigo de E. Lombardero, unhas poucas fotos da ría. As fotos son estáticas, e así non se pode ver a velocidade que traen as motoras do fondo na terceira foto. Tampouco se pode ver moi ben a condición das augas nunha mañá con sol en Mirasol, con bañistas antes do verán astronómico……
