-
Un calmado domingo post electoral en Ribadeo
Calma relativa. Parece que os partidos conformáronse ben cos concellais de cada un e non se oen que un saíu máis favorecido que o outro. Completando os artigos (1), (2) e (3) sobre os resultados electorais en Ribadeo, cabe dicir que a orde de verse favorecidos dividindo a cota de poder (número de concellais) entre…
-
Algo máis
Na anterior entrada falaba dunha carta desafortunada. Despois de ver a Mariña de hoxe, hei engadir que hoxe tamén dúas páxinas enteiras foron adicadas a cartas e artigos contra a mesma. e se o periódico non corta, coido que terá abondas máis para publicar.
-
Torneo
A nova de hoxe en Ribadeo é deportiva: o torneo de fútbol base. Pero coido que unha nova que non sae na prensa é máis notoria: Ribadeo abarrotado de xente nunha fin de semana na que sae o sol e na que os taxis do parque foron xa substituídos por terrazas dos bares. Mentras, van…
-
Outra cousa pequena
Remato de ver as estatísticas do mes pasado do blog. 3112 visitas vai ser unha marca difícil de superar, a máis de 100 diarias de media nun mes de eleccións. Grazas a todos.
-
Alcaldes de Ribadeo. Un pouco de historia
Por algo que non ven a conto púxenme a saber os alcaldes dende a época democrática en Ribadeo. Faltábame algún, pero coido que agora xa están todos. 1979 – Mario Meira, substituído uns meses por Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato Antonio Martínez 1983 – Jaime Vidaurrázaga uns meses mentras non se resolveu unha…
-
Bandeira azul
Este ano xa viñeron as bandeiras azuis: Ribadeo, 2 nas praias. De calquera xeito, coido que a mellor que poderiamos ter é a da ría en conxunto, pero a ver se este verán está ordeado o tráfico e se pode bañar un nela sen medo ás motos acuáticas é á súa velocidade, por exemplo. A…
-
Novas normais en Ribadeo
Seguimos en Ribadeo, despois do naufraxio e das eleccións, coa volta á normalidade. Seguen as análises, a última polo momento, un artigo de José Mª comentando o cambio político en Ribadeo. Ó mesmo tempo, Ribadeo ten algo de diferente: o mesmo día podemos ver unha foto do alcalde actual collendo un micro (coido que da…
-
O mar en calma
O único resto visible no naufraxio é a estas alturas unha boia. A que se ve na imaxe, sinalando a posición do pecio que nun par de días foi destrozado polas embestidas das augas e borrado da superficie.
-
Máis sobre eleccións municipais en Ribadeo
Despois dos artigos sobre resultados (II) e (I), adxunto poño: a) táboas con datos electorais (2007 e 2003) por mesas. Son datos non oficiais (pode que teñan algunha pequena variación) b) gráfica datos electorais 2007, con datos das táboas e mesmo orde de mesas c) gráfica datos electorais 2003, con datos das táboas e mesmo…
-
Nuevo Amadorín
Hoxe as novas deixan de novo as eleccións cun baixo perfil. As fotos do pesqueiro entre a illa Pancha e Rocas Brancas sumen na tristura. Non importa que onte tamén se celebrara a romaría das cruces na Capela das Virtudes da Ponte, en Arante. Por desgraza, imos lembrando xa outro nome que engadir ó ‘Siempre…