Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Reiterantes na conduta tolerante

    Esa foi a razón básica do peche durante un mes (multa a parte) da que foi cualificada o ano pasado como a mellor discoteca do mundo (e foi en España!). Para continuar a entrada anterior, dicir que nalgunhas loitas, pouco a pouco, vaise avanzando…

  • Quen loita con monstros debe ter moito coidado de non converterse el tamén en monstro.

    Unha cita de Nietszche tomada dende o portugués de ‘Amanhā á mesma hora’ para un luns de verán nun Ribadeo que amence calmo, despois unha fin de semana que non foi tan clama. É un dito extendido e abondo comprobado (sempre hai excepcións) que dous que durmen nun mesmo colchón fanse da mesma opinión, indicando…

  • En espera doutra crise

       … porque a correspondente á paga do alcalde xa finalizou, como se esperaba, no pleno de onte. José Carlos Rodríguez Andina e Balbino Pérez Vacas farán parte da xunta de goberno (60€/xuntanza, como o resto dos participantes excepto o alcalde, que ten a paga integrada no soldo). Terá que cesar un membro do BNG…

  • Ría de Ribadeo, pedregal de Irimia

    A elección dun nome pode ser algo serio. Véume á cabeza ó pasar por Meira e ver a teima co nacemento do Miño que teñen entre dous concellos: un, a favor do Pedregal de Irimia, outro a favor de Fonmiñá. Non sei no que rematará todo, pois a propaganda que está a facer Meira non…

  • Tres comentarios rápidos

       Despois de probar onte con éxito os ladróns a furtar en Arenal, hoxe o Edda Fram está fóra da ría nestes momentos que escribo, e o alcalde tentará probar sorte hoxe no pleno para poder exercer de alcalde a tempo completo.

  • En Galego

    Reamto de facer de novo a instalación do programa de ofimática ‘Open Office’ e do navegador ‘Mozilla Firefox’ en galego. Non é que fallaran antes en linux, senón reaxustes que quixen facer. Agora quen non ten un procesador de textos en galego (e con corrector galego) é porque non quere. Na páxina de mancomún poden…

  • Solucións para Ribadeo

    Parece que van chegando. O longo do dia de onte, despois da xunta de portavoces, primeiro aceptou o PP pois fixo que terá representación nela, e logo, o PSOE, que se non acepta non a terá. É dicir, mañá ás 10:30 pleno. Mentras, onte tivo lugar a presentación en Ribadeo do Diccionario de mulleres galegas.…

  • Ribadeo, máis achegado de Asturias. O alcalde, aínda non achegado de Asturias a Ribadeo.

    Esta mañá cedo unha veciña de Ribadeo (María Lines Martínez Díaz) chocou, vindo de Lugo, co autobús de IASA que ía para aló, morrendo e habendo varios feridos no autobús. As estradas son traizoeiras, unha das razóns pola que se fan máis autostradas, como o tramo que se remata de inaugurar en Asturias e que…

  • Unha nota de prensa sobre curtas en Ribadeo

    É de xupoñer que será de novo no parque, cara a finais do verán, pois as datas non as poñen. Aí vai un extracto: Diferentes vilas e cidades do país recibirán ao longo dos meses de verán o proxecto RedeCurtas, no que se inclúen as curtametraxes de maior éxito de todo o Estado, tanto de…

  • Aviso de entrada en Ribadeo historia

    Remato de poñer en Ribadeo hisoria un documento que xa é case reliquia: A Aprobación do expediente de información pública da autovía do Cantábrico na nosa zona.