Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.314 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Avisos sobre o blog

    De xeito rápido, sobre o manexo do blog: 1. A Ribadeo Historia accedese clicando na ligazón no lateral (senón tamén, clicando no que está remarcado neste mesmo parágrafo). 2. Para poñer comentarios, accédese clicando abaixo de cada entrada onde pon o de ‘comentarios’. Pode haber algunha dificultade, e nese caso, clicando co botón dereito do…

  • Dereito e responsabilidade

    Un auto do xulgado denega á Xunta paralizar 1300 pisos de Foz. É noticia. Pode (alomenos, debera) estar adaptado á legalidade vixente. Á lóxica xa non é tan seguro que o esteña. E é que as leis non sempre van polo camiño da lóxica, senón dos intereses. Xa hai tempo conta aquelo de ‘quen fixo…

  • Máis claro, auga

    Chove moito en Ribadeo este 15 de xullo. Por eso se me ocorreu o título para unha sinxela ligazón.

  • Chamoume a atención e esbocei un sorriso

    O subtítulo dunha nova de hoxe na Voz da Mariña. Transcribo pasado ó galego: “Carlos James Fitz-Stuart y Martínez de Irujo visitou As Catedrais, fixo que os políticos locais esquecesen as súas disputas, sen pretendelo, e dixo «sentirse como na casa» antes de irse”. Dan ganas de chamalo San Carlos… A foto, da praia do…

  • 14 de xullo

    O 14 de xullo é a festa nacional francesa, conmemoración da toma da Bastilla polos que en pouco tempo foron cnsiderados revolucionarios. é dicir, é a conmemoración unha revolución… Máis ben coido que que é a conmemoración dun feito que significou un punto de inflexión nas relacións entre nobleza e plebe, ou, se se quere,…

  • Exposicións

    Comentei que había dúas exposicións en Ribadeo que me gustaría ver: sobre mulleres en relación con Galiza e sobre traxes reais. A primeira é unha repetición en grande do folleto que se repartiu na presentación. A segunda (dixéronme) que son fotos de traxes… Non comprendo moi ben.

  • “El desprecio por la ley en España”

    O título corresponde a un artigo de Juan-José López Burniol e véuse á cabeza porque levo escoitando unhas 3 horas un local que non pode ter música coa música a toda pastilla, as portas abertas e demáis. O nome? Mellor non dicilo, non vaia ser que cree adicción…

  • Ventaxas da xente corriente

    Hai un taller concedido á asociación Ponte dos Santos para formar a corenta alumnos en electricidade, fontanería, xardinería e albañilería. 800000€ (non sobran 0) de orzamento. Saen a 20000€/aluno, algo máis de 20€/aluno hora, se non me saen mal as contas. Máis outros gastos, como material. Pero o título non vai diso. Vai de que…

  • De duques e Plebeios

    Hoxe foi a inauguración na Casa das Letras da exposición dos traxes do Rei cedidos á casa de Alba en virtude de ser levados o día 6 de xaneiro, cedidos pola axuda do Duque de Ribadeo a unha batalla hai varios séculos (ver o ‘Ribadeo Antiguo’ de Paco Lanza para a historia completa). Non puiden…

  • Dúas fotos de agresións á ría

    Unha delas, poñendo á vista a nova zapata da ponte (última columna) mentras se instala o contedor para facer o propio na outra columna: adeus ós pases entre columnas que facía a lancha cando daba unha volta ós turistas ou ribeireños. A outra, unha lancha a toda pastilla nun sitio no que tiña que ir…