Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.313 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Unha carta da Plataforma pola defensa da ría de Ribadeo

    Saiu onte, na Comarca (en forma de novas, xa antonte noutros medios). Acompáoo coa foto recente do que se denuncia: As obras na Ponte dos Santos

  • «Non entendo por que a xente marcha a traballar fóra»

    A seca de novas e o húmido do tempo (nestes momentos, chovendo abondo) fan caer nos pequenos detales doutras novas que en xeral non se considerarían. O título corresponde a unha entrevista no xornal de hoxe e sinxelamente, da que pensar.

  • Concerto da banda municipal de Ribadeo

    … cheguei tarde. Pero a tempo de escoitar sentido un ‘Lonxe do Mar’ nun atardecer espléndido no que algo menos de público que outras veces (O Carme, a procesión, …) aplaudiu a unha banda reforzada con xente que xa non toca normalmente nela, como Chenchu, Aurora ou Charo (en total, 71 músicos). Lembranzas doutros tempos…

  • Catro barcos de pesca, terceira hoxe

    Unha delas, a Navarret, levando a virxe. Ese é o resumo da procesión do Carme deste ano, anunciada para as 8 da tarde e que resultou ás 9. O resto de embarcacións, de recreo, con excepción dalgunha especial, como a de salvamento.

  • Preocupación e ánimos alterados, outra de hoxe

    Esa parece sera postura e sentimento dos constructores mariñanos polas medidas que se están a tomar para restrinxir a construcción na costa, segundo un xornal de hoxe. Ademais, adiantan milleiros de despidos entre outras cousas. E pregúntome se non será mellor tomar medidas agora que esperar a quedarse sen terreo por ter xa a terra…

  • O Duque de Huéscar (de Ribadeo?)

    Trae hoxe a comarca un amplo artigo sobre o Duque de Héscar e a inuguración da expo dos traxes reais da Casa de Alba. Tamén aparece unha carta asinada con pseudónimo (mágoa esa costume tan comarcal!) que escaneei e poño para a súa lectura. Como non sei quen é a persoa do pseudónimo, vai sen…

  • Unha cita de onte, terceira de hoxe

    Na Voz de Galicia, Ernesto S. Pombo comezaba o seu artigo ‘Lo primero es lo primero’ con “YA LO SABEN. El gran problema de nuestros ayuntamientos es el sueldo de alcaldes y concejales. Ni el tráfico, ni el ruido, ni los servicios más elementales. El problema es el sueldo de los recién elegidos.” Parece claro…

  • Un aviso de O Tesón, segunda de hoxe.

    Adxúntase a convocatoria de Asamblea xeral da Asociación de veciños O Tesón: — Pola presente comunicación, convócaselle á asamblea xeral extraordinaria da Asociación de Veciños ‘O Tesón’, que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo o día 28 de xullo de 2007, sábado, ás 12 horas na 1ª convocatoria ou…

  • Veraneando en Ribadeo

    Mari Luz é alcaldesa. Parece que a primeira que se lembra, e de xeito provisional, pero éo. Mentras, Fernando vai de vacacións. Despois dos axetreados primeiros días de mandato, pódenlle vir ben para recobrar forzas, que falta lle van facer. O primeiro domingo de agosto eras tradicionalmente a xira. Era, porque este ano a cousa…

  • De novo o PXOM

    Comeza a quentarse o patio para o novo PXOM: O concello non ten terreo para máis vivendas sociais que as xa previstas, cousa que se solucionaría mediante a aprobación do novo plan, máis exixiente nese sentido por ter que cinguirse a normas máis restritivas… A foto, dun incón ribadense, ó final da rúa San Miguel.