Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.311 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Sobre a desideación das ideas e a perfección

    A conto dun post de Fuji lémbrome dun par de esbozos / divagacóns que fixen días atrás, e para pasar a seca de post desta semana, métoos ‘en bruto’ como segunda de hoxe: * Sobor da ‘desideación’ das ideas. No mundo moderno, as ideas sofren a interacción coa tecnoloxía. Hai uso da tecnoloxía polas ideas,…

  • Educación e cultura

    Eu poñeríaos nese orde: primeiro, a educación, e logo, a cultura. Se alguén bota unha ollada ás novas de hoxe na Mariña, a posición é máis ben ó contrario, con moita separación: ó haber autoridades, o realce téñeno as xornadas sobre El Viejo Pancho e Juana de Ibarborou, coa súa inauguración en Ribadeo con autoridades…

  • 1 tedio

    Hoxe non vai de Ribadeo. Alomenos non todo, pois a idea viu nas festas, ó xuntar o bullicio coa idea de ‘todo envasado e sintético’. E, aínda sen elaborar de todo, madurou ó ver descompresión que sufre algunha xente despois de sentirse agobiada polas festas. A situación sería nun super do futuro: Deme 100 divertio…

  • “Sede buscadores da verdade, non achadores de contradicións”

    “Guys: Be seekers of truth, not finders of contradiction,” Jim Zemlin, executive director of the Linux Foundation, organizer of the event, only half-jokingly told the 150 attendees of what is billed their “Collaboration Summit.” Unha cita para a resaca das festas. Está tomada dunha xuntanza relacionada co mundo Linux, sistema operativo que marca a alternativa…

  • Remata o verán

    O verán remata o 21 S, pero en Ribadeo comeza o outono o día 9. Máis aínda que este ano coincide en luns a resaca das festas patronais. Aínda así, estanse a deixar sentir os síntomas outoñais do resto da Mariña vía novas diversas. É agora, unha vez pasado o momento de maior afluencia de…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XVIII Casa de Loriente (Lombardero)

    Para completar o zig zag na visita ás casa de indianos, pasamos da praza do mercado á rúa San Francisco, onde se atopa fronte ó parque a casa de Loriente, onde actuou o Doutor Lombardero durante moitos anos. Segue a pertencer á familia Lombardero, polo que coido que é abondo máis coñecida por este nome.…

  • Facemos do progreso o obxectivo da humanidade ou da humanidade o obxectivo do progreso? (Unha segunda para hoxe)

    Dun artigo de Reyes Mate saco o título, e procurando a ligazón para informar máis sobre este home, atópome outra cousa que tamén teño lido hai algún tempo: “Pertenezco a un Partido que ha fusilado a héroes y a una Iglesia que ha perseguido a santos” (Alfonso Comín). Entre as duas citas, un bo punto…

  • Ribadeo: festas do oito.

    Hoxe é a nova, a festa. As colas nas pastelerías (hoxe abondo reducidas en número despois de saír do mercado Eijo e Santa Clara), a gallaroufa á noite, os postos ambulantes e as atraccións… Onte vin na peonil un marionetista moi bo. Non só bo, senón coidadoso: é o primeiro que vexo con tiras téxteis…

  • Contradicción? Non, pero tamén.

    Esa é a sensación que se lle queda a un con algún cúmulo de novas. Por exemplo, cando despois de ser un verán no que aumentou a siniestralidade na estrada en Galicia en contra do que pasou no resto do estado, ó aumentar tamén o uso das liñas de noitebús, decídese potencialas porque salvan vidas…

  • Mirando para atras ou aprendendo do pasado?

    Estamos afeitos moitas veces a non mirar atrás, o pasado, pasado. Pero o voltar a vista atrás, sabendo eso, que o pasado está pasado, pode dar unha fonte de aprendizaxe excelente, ó igual que cando se di eso de coñecer a historia para tentar non repetila (a parte mala).  Neste caso, trátase de pasado próximo:…