Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.307 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Recortes de política e outras cousas que inflúen en Ribadeo

    Anteonte, no pleno, houbo alguén (non estou fixo)que lamentou o saber quen era a persoa elixida para o posto de secretaria do alcalde. eso, despois de que outro preguntara sobre quen tiña en mente o alcalde para tal posto. En principio, non quedaba claro se o lamentaba por ser idónea e el estar en contra…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XX Casa no acceso á Atalaia (Casa de Panchita Acevedo)

    Fronte, á r/Trinidade Á esquerda, r/Atalaia Xusto no acceso a Atalaia (cruce de r/Atalaia e Trinidade) atópase outro edificio de indianos (casa de Dna. Panchita Acevedo); a súa parte traseira, axardinada, é máis salientable que o frontal neste edificio de gran extensión. Fronte a ela na r/Atalaia ten unha casa brasonada. Situación: http://www.openstreetmap.org/search?query=Casa%20de%20Panchita%20Acevedo#map=19/43.53779/-7.03796 (sinalando no…

  • Pleno ás oito

    Onte, ás oito da tarde, deu comezo o pleno que abriu o ‘novo curso’ político en Ribadeo. Sen megafonía, resultou moi dificultoso seguir algunhas intervencións, por iso quizais caín na conta nalgún pequeno detalle como que o retrato do Rei, situado detrás do alcalde, está semi tapado por unha bandeira española, nunha superposición de símbolos…

  • Un escrito curioso

    Só unha cita

  • De cultura pasada

    Esta pasada semana comezou a rematar a manifestación cultural do verán en Ribadeo. Aí están, neste últimos días, a recollida da exposición Galiza Nazón, as Xornadas sobre Juana de Ibarborou e El Viejo Pancho, … e a feira da horta, e ás portas está o festival de teatro afeizoado, quedando logo as típicas actuacións diversas,…

  • Esperanzas

    É de esperar que a construción de vivendas non siga indefinidamente: nin a terra (espazo físico) nin a Terra (o equilibrio do planeta) dan para máis a partires dun certo momento. Antes de que cheguen esas imposibilidades, está xa aquí o parón que representa a economía para aminorar a marcha esta tempada: quedaron pisos sen…

  • Algo collido da cartas ó director, e algo de descoberta de Ribadeo

    Xa lonxe queda o 9 de setembro, día no que aparecía no El País unha carta ó director que me chamou a atención. Lendo, apareceu unha idea que teño citado máis dunha vez no blog. Reproduzo o parágrafo correspondente: ‘Ninguno de los partidos mayoritarios ha aportado lo más mínimo en cuotas de participacón ciudadana y,…

  • Casas de Indianos en Ribadeo. XIX Casa na praza de Abaixo (Casa de D. Clemente)

    Seguimos en zig-zag ahegándonos dende r/San Francisco á Praza de Abaixo. Esta casa restaurada de xeito recente tamén era de indianos (a parte externa, evidentemente, segue a selo). O seu ‘nome’: casa de D. Clemente Situación: https://www.openstreetmap.org/search?query=Casa%20de%20D.%20Clemente#map=19/43.53715/-7.03994 (sinalando no nome do mapa aparece a situación) Mapa centrado no edificio

  • Sobre a desideación das ideas e a perfección

    A conto dun post de Fuji lémbrome dun par de esbozos / divagacóns que fixen días atrás, e para pasar a seca de post desta semana, métoos ‘en bruto’ como segunda de hoxe: * Sobor da ‘desideación’ das ideas. No mundo moderno, as ideas sofren a interacción coa tecnoloxía. Hai uso da tecnoloxía polas ideas,…

  • Educación e cultura

    Eu poñeríaos nese orde: primeiro, a educación, e logo, a cultura. Se alguén bota unha ollada ás novas de hoxe na Mariña, a posición é máis ben ó contrario, con moita separación: ó haber autoridades, o realce téñeno as xornadas sobre El Viejo Pancho e Juana de Ibarborou, coa súa inauguración en Ribadeo con autoridades…