Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.307 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Voume queixar

    Parece que ó alcalde vanlle as películas, e remachando, volve para casa con ‘Os mortos van ás présas’, despois que no mandato pasado o alcalde se quedara sen ela. Personalizar neste caso é moito, porque suponse que o alcalde (este ou o pasado) pouco tiveron que ver na prosecución ou non da rodaxe. E está…

  • Que bonitiño que é ou ‘as Reservas da Biosfera saen gratis’

    Recopilemos: unha zona que inclúe a ría de Ribadeo, e que se extende por Asturias e Lugo foi declarada Reserva da Biosfera. Con ela, o terceira parte da provincia de Lugo é Reserva da Biosfera. Por se alguén se facía ilusións (algún alcalde querendo capitalizar o tema, pro exemplo), ven a conselleira asturiana correspondente e…

  • 100 días, tres colchóns e un tiburón

    100 non é un número máxico nin nada diso. Só, na simboloxía empregada no sistema decimal, un número redondo. Número que por esa redondez se emprega por referencia para a deferencia de deixar gobernar ós novos gobernos sen molestar demasiado, para ver que son capaces de facer. Pois ese número de días xa pasou para…

  • Leña ó mono

    O fin de semana parece un comezo de marexada entre os partidos políticos en Ribadeo, ‘in crescendo’ de UPRi ó PSOE, pasando polo PP. Chama a atención que sexa precisamente o ex-alcalde o que máis leña da. De calquera xeito, parece que se instala na vida política un esperar o desgaste do alcalde e o…

  • Un aproveito

    Aproveito unha nota de prensa recibida para ser publicada onte como primeira de hoxe… ‘A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo inicia mañá o curso con máis de 330 alumnos e alumnas matriculados A cifra supón un incremento de 75 matrículas con respeito ao ano anterior Ribadeo, 21 de setembro de 2007. A…

  • Dende o camiño

    Esta mañá tocoume pode observar unha saída do Sol, en vermello, limitado por nubes e neboeiros, e mesmo en compaña dalgún trazo branco deixado por avións, que para min foi espléndida ou marabillosa. Viciño a Augas Santas incorporouse á paisaxe unha choiva fina, precedida dun arco da vella case sen máis cor que o propio…

  • Vde. pensa ou é un cidadán normal?

    Polo que parece, era o texto dun chiste de ‘El Roto’. A min fíxome pensar se era un cidadán normal.

  • Ribadeo e a teoría liberal ou por que hai tantos BMW en Ribadeo

    A conto dos comentarios deixados na entrada anterior (Capacidades e limitacións) e dunha lectura recente sobre economía, sae este comentario: se se poden facer trampas e son rendibles, rematan por facerse. Xuntemos a eso as posibilidades de facelas, que varían en función do posto na sociedade de cada quen, a liviedade da esixencia no cumprimento…

  • Capacidades e limitacións

    Como gancho ara as eleccións, UPRI poñia no seu porgrama a construcción dun porto deportivo na Vila Vella. Agora vaise facer unha ampliación de 60 prazas no porto deportivo de Porcillán, básicametne cubrindo ocos na dársena, xa rechea e que é unha das de maior capacidade en portos deportivos de toda Galicia. E din que…

  • Selectividade e gobernabilidade

    Unha cousa sinxela, collendo só un par de parágrafos relacionados coa gobernabilidade e as ideas de algunha xente. Ambas citas saíron en historia e filosofía na selectividade en setembro (os textos da selectividade para cometnar soen non ter desperdicio, sexan de lingua, lengua, idoma extranxeiro, historia ou filosofía). A súa autoría ten unha media de…