Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Inauguración da casa Galuá (VI)

    O arco do medio do trío, a escaleira e unha vista do patio, coa beira da igrexa e o lateral da mesma, antigo convento, forman este conxunto de fotos.

  • Inauguración da casa Galuá (V)

    Este arco forma parte da primeira arcada, como se pode ver nunha das fotos, na que está acompañado dos outros dous.

  • Inauguración da casa Galuá (IV)

    Esta placa estaba situada noutro edificio demolido para vivendas. Tróuxose aquí como lembranza.

  • Inauguración da casa Galuá (III)

    As imaxes son do primeiro arco segundo se entra na casa. Polo que parece, os arcos datan do século XIII e pertencían ó convento instalado á beira da igrexa. Na primeira foto vése ó fondo á dereita a entrada, e á esquerda a traverso doutro arco, dúas salas da distribución. Outra das fotos presenta unha…

  • Inauguración da casa Galuá (II)

    O público asistente non foi demasiado, con 6 membros da corporación en lugar preferente. As palabras dos que falaron non se escoitaron, polo tanto non podo facer unha síntese. Por fora a casa parece que non cambiara tanto, e segue en contraste coa igrexa, como se pode ver nas dúas primeiras fotos. A placa foi…

  • Chámalle Deus

    O título significa diferente segundo que puntuación e en que contexto. Hoxe domingo, día da inauguración da casa parroquial adicada a D. Enrique López Galuá, houbo (tiven) unhas cantas ocasións para preguntarme sobre o tema. A placa di algo así como: “Parroquia de Sta. María de Ribadeo. Casa adicada ó ilustre párroco D. Enrique López…

  • Un novo blog en Ribadeo

    aproveito un segundo post hoxe para dar nova dun novo blog de ribadeo, para amantes da natureza e as camiñatas, naceu un novo blog: ‘rutas desde Ribadeo’. Polo momento, parece que só accesible desde este blog, pero eso solucionarase rápido (menos dunha semana, din a miña palabra)

  • Chequeo á ‘Comarca’

    Hoxe esperaba que saíra na Comarca un artigo meu (que reproduzo abaixo) contestación á carta de A.S. da semana pasada (despois reproducida na Mariña/ El Progreso co nome de Ana Soto, de xeito que o que enviei xa non estaría de todo correcto a día de hoxe). O caso é que Pancho Campos, Presidente de…

  • Premio Nobel da Paz: Al Gore e o Panel Integubernamental do Cambio Climático (3ª de hoxe)

    Coido que este, o da Paz, si paga a pena poñelo (mágoa non decatarme os anos anteriores): “for their efforts to build up and disseminate greater knowledge about man-made climate change, and to lay the foundations for the measures that are needed to counteract such change”, ou sexa, máis ou menos, ‘polos seus esforzos para…

  • 509 anos

    Hoxe celébrase o 509 cabodano dun feito que uniu dúas ramas da humanidade: o encontro de Cristóbal Colón cun continente ata entón ignorado, e cos seus habitantes. Daquel encontro seguiron ata agora unha serie de interaccións, cada vez máis, nas que os pobos herdeiros da nosa cultura impoñeron por diversas circuntancias os seus criterios, cultura…