-
Asimetrías
Eso é o que quedo pensando cando vexo o do irmanamento de Lugo con China. Dunha cidade non moi grande co país máis poboado do mundo. A conta dunha muralla que me gusta moito, pero de 3km con outra de 1000km. E véñenme á mente outras asimetrías das que me decatei nas últimas horas. Un…
-
Chocante
Tres parabolicas apra un local comercial e dúas vivendas. Todo un exemplo de colaboración, coordinación, aproveitamento de recursos …(por esta, non en Ribadeo, senón en Lugo)
-
Tentando aprender dos demáis: mareas vivas na Veiga II
Como continuación de Tentando aprender dos demáis: mareas vivas na Veiga, vai aquí esta segunda parte só cos planos de delimitación de costas propostos por costas e polo concello.
-
Tentando aprender dos demáis: mareas vivas na Veiga
Onte coincidín na Veiga (enténdase, Veiga de Ribadeo, segundo consta no seu palco da música de hai un século) pouco despois do máximo de marea alí (que é despois do máximo de marea en Porcillán, ó igual que este éo un pouquiño despois do máximo na illa Pancha) e puiden observar como aínda estaba algo…
-
Revisando os blog de Ribadeo
Atópome cousas interesantes estes últimos días: En Vida político Social, un tema sobre a Atalaia e outros dous sobre o paso dos cen días dende a nominación de alcalde. No blog de Marsop, Pásate!, unha alegoría sobre tecnoloxía: sistemas operativos propietarios e sistemas operativos libres (ver ata o final…) No de Fuji, Por se non…
-
Voume queixar
Parece que ó alcalde vanlle as películas, e remachando, volve para casa con ‘Os mortos van ás présas’, despois que no mandato pasado o alcalde se quedara sen ela. Personalizar neste caso é moito, porque suponse que o alcalde (este ou o pasado) pouco tiveron que ver na prosecución ou non da rodaxe. E está…
-
Que bonitiño que é ou ‘as Reservas da Biosfera saen gratis’
Recopilemos: unha zona que inclúe a ría de Ribadeo, e que se extende por Asturias e Lugo foi declarada Reserva da Biosfera. Con ela, o terceira parte da provincia de Lugo é Reserva da Biosfera. Por se alguén se facía ilusións (algún alcalde querendo capitalizar o tema, pro exemplo), ven a conselleira asturiana correspondente e…
-
100 días, tres colchóns e un tiburón
100 non é un número máxico nin nada diso. Só, na simboloxía empregada no sistema decimal, un número redondo. Número que por esa redondez se emprega por referencia para a deferencia de deixar gobernar ós novos gobernos sen molestar demasiado, para ver que son capaces de facer. Pois ese número de días xa pasou para…
-
Leña ó mono
O fin de semana parece un comezo de marexada entre os partidos políticos en Ribadeo, ‘in crescendo’ de UPRi ó PSOE, pasando polo PP. Chama a atención que sexa precisamente o ex-alcalde o que máis leña da. De calquera xeito, parece que se instala na vida política un esperar o desgaste do alcalde e o…