Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Unha cita do Tao Te King

    O outro día atopeime con esta perla: “quen desobedece a tempo ás institucións evita numerosos perigos”. Quedeime pensando, e da moito de si.

  • Fotos sobre a ría de Ribadeo (III)

    …E tamén das obras na ría. Do pilar da ponte no mar, o último que quedaba, do outro pilar na terra, e do terraplén deixado no derrumbe de fin de ano, no que se ven xa as verxas de protección (din os xornais que esa é a protección pedida, mentras que o outro día eu…

  • Fotos sobre a ría de Ribadeo (II)

  • Fotos sobre a ría de Ribadeo(I)

    Aproveitando a néboa…

  • Recortes da comarca de hoxe

    Ás veces, salto a Comarca enteira sen case ter lidos os títulos, pero o certo é que a desta semana paréceme abondo interesante, polo que collo a continuación tres recortes da mesma. Un, respecto ós ruídos, sinxelamente por darlle máis amplificación, a pesares de que non se lle coñece o autor e é algo co…

  • Néboa de vaivén

    Onte, nun curto tempo, descendeu a néboa e voltou despexar (alomenos na zona elevada da vila; na zona máis baixa foi fariña doutro costal), de xeito que costaba ver a torre da igrexa dende o fondo do parque. A foto non corresponde a onte, senón a anteonte, onde si se podía ver a igrexa castropolense…

  • Pasos no paseo

    Están comezando a facerse os pasos /barrerias no paseo marítimo. Polo momento, e mentras non rematen as obras, dous cortes laterais en cada un dos pasos poden despistar ós condutores. Os cortes son para acomodar as ‘costas’ de pedra que levan ó paso ‘elevado’. Un obstáculo máis á circulación para permitir ós viandantes unha maior…

  • Un punto de apoio máis

    Ribadeo, dende hai moito, ten fóra puntos de apoio nas isntitucións a niveis diversos. Un novo viu sumarse esta semana, pois o concellal de deportes Ribadense vai a asesorar á deputación no mesmo tema, sen deixar Ribadeo. O lóxico sería pensar na ‘sinerxia’ entre ambos postos. Como segunda, o segundo ouro de Ana Ferradás nos…

  • Lagoas

    A foto amosa un montón de papel cartón xunto a un contedor que non é de papel. Coido que xa comezou a recollida comercio a comercio do cartón, pero parece que aínda tardará en sutir efecto. algo parello pode dicirse da recollida de vidro, que diariamente se manifesta nas catro rúas por arrastre dun plástico…

  • Cartas náuticas da Ría de Ribadeo

    Como comentario para unha entrada anterior sobre o Iesrir, enviome Pancho Campos a relación dunha serie de cartas publicadas da Ría de Ribadeo, que introduzo como entrada a parte: Cartas Náuticas da Ria de Ribadeo: 1ª) Ano: 1776 Escala en varas casteláns 2000 varas= 18 cm. Autor: Luis Videgaray. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía…