-
Nós e ti
Captura de pantalla do sistema de recollida de voces do Proxecto Nós. Lic. CC BY SA 3.0 de Mozilla Foundation Nós e ti Non, o título non trata da antiga revista Nós, nin tampouco (aínda que algo si) do nós como conxunto galego, senón dun proxecto de promoción da intelixencia artificial ao servizo da…
-
Paz, edición limitada
De novo chega o domingo, de novo, un chamamento á concentración pola paz nas escaleiras do concello de Ribadeo. De novo, unha edición que pasará nuns días, en espera da próxima. Parece cansino, éo, mais, en espera da paz, continuará. O non ter a paz é máis cansino… e outras cousas.
-
O galego exposto nos cemiterios
A Agrupación Francisco Lanza desenvolverá a exposición ‘Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego‘. Terá lugar na Oficina de Turismo de Ribadeo e no seu horario de apretura, dende o Sábado 19 de outubro ás 12 da mañá (acto de inauguración, con música e poesía) ate o domingo 3 de…
-
Restos entregados. Homenaxe realizado
Hai uns días comunicaba no blog que hoxe se faría unha homenaxe a Manuel Mon Miranda e Justo Fernández Suárez, coa entrega dos restos ós familiares. Hoxe tivo lugar o acto, no novo salón do concello e con asistencia de media centea de persoas. Deixo fotos tomadas por Mati e por min, dous…
-
Retrocedendo, que é xerundio!
Retrocedendo, que é xerundio! Un ano máis, diversas análises que se van facendo de ano en ano e que neste 2024 viñeron a cristalizar hai pouco cos datos do IGE, manifestan nos seus informes un deterioro do galego. Poden verse os datos obtidos a partir da páxina https://www.ige.gal/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?codigo=0206004. Entendámonos, as análises anteditas refírense…
-
20241013, xuntanza pola paz en Ribadeo. Xa foi
Un novo domingo, xuntanza pola paz. Segue sen haber paz no mundo, e tentanmos insistir para lograla… Hoxe, bo tempo, preto de 30 persoas (algunhas, non todo o tempo) pasaron pola xuntanza pola paz. Mesmo un camiñante italiano fixo presenza e escoitou parte do que se falou. Suso, antes de tomar as fotos,…
-
¿CREEN VDS. EN LOS REYES MAGOS? José María Rodríguez Díaz (2010)
En resposta á pregunta de José María, dicir que non, non cremos, pero a falta de ver máis aló, de non pensar en outras alternativas, actuamos como os nenos pequenos cando descubren que non hai reis magos: desorientados e temerosos, moitas veces seguen actuando como se, polo que poda pasar… Sábado, 20 de noviembre…
-
Cartos no peto
Entérome hoxe, un dos últimos días, da campaña para salvagardar a existencia dos cartos no peto. É dicir, non en tarxeta, non no móbil… cousas que poden ser moi convintes, pero tamén moi inconvintes, dende o control que pode exercer o banco ou o estado sobre ti á realidade de quedarte sen cartos para…
-
Unha semana máis, concentración pola paz
Unha semana máis, convócase a concentración pola paz: tódolos domingos ás 12:30 diante do concello de Ribadeo… Palestina, Ucraína, Sahara, Sudán, Iemen, Somalia… a xente de todos eses países, e moitos máis, esperan.
-
XXI Mostra de teatro Daniel Cortezón
Esta fin de semana (venres 11 a domingo 13 de outubro) , ás oito da tarde, no auditorio Hernán Naval de Ribadeo terá lugar a XXI Mostra de teatro Daniel Cortezón. O Grupo de Teatro de Ribadeo é o anfitrión desta cita, que contará tamén coa participación do grupo 57 Palabras…