Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A proliferación de portos deportivos é un perigo para o litoral

    A frase está extraída dun artigo sobre a destrucción do litoral. Por aquí parece que aínda nosa topamos a un nivel abondo inferior ó do Mediterráneo, cunha media en valencia de 10 cada 100km de costa. Cabe pensar que, de calquera xeito, non poden contar os quilómetros de costa aquí, que da unhas cantas voltas,…

  • Sobre dereitos e intimidade na era electrónica

    Coido que debo poñer unha ligazón a unha reseña (que leva logo a un artigo enteiro se se quere) sobre incongruencias que se están a permitir pola sociedade, ó pasar dos dereitos propios, que se dilapidan como os herdeiros dilapidan ás veces o capital gañado con moito traballo polos seus antecesores. O que me leva…

  • Novidades en Ribadeo

    Se nos fiamos da prensa, poucas novidades hai estes días en Ribadeo. A máis reseñable, a creación dun club de motos, o motoclub Alcorte. As outras, por exemplo a potenciación do Vello Pancho, non son novidade porque non presentan nada novo. Teriamos que ir ás novas de Mondoñedo, por exemplo, co seu congreso de escritores…

  • A miña intervención na presentación do libro ‘Estudio sobre toponomía en Ribadeo’

    3/11/2007 – Presentación ‘Estudio sobre toponimia de Ribadeo’        Grazas a todos e a todas por estar hoxe aquí neste acto de presentación ó que dou comezo. Teño que dicir que incentivou o meu orgullo que José Mª contase comigo para a presentación dun libro que vin xestar na distancia e que se escapa…

  • Un novo contubernio xudeo-masónico?

    Hoxe, sábado 3 de novembro de 2007 aparece na Comarca un pequeno artigo asinado de xeito anónimo como ‘Pichi’. Para quen non esteña enterado, ese seudónimo deu pé a outros artigos anteriores do que poderiamos chamar ‘crítica política’, por chamarlle algo. A ampliación sucesiva da culpabilidade do malo que sucede no concello (tapando ou non…

  • Comentario dunha conclusión en torno á vivenda

    ‘Os poderes públicos non tratan a vivenda como un dereito humano fundamental, senón como unha mercadoría’. Parece que coñece ben quen fixo o titular, conclusión dun documento, a algúns gobernos municipais, autonómicos e tamén nacionais. Parece mesmo feita para a Mariña, coa preponderancia en importancia da compra/venda e a ganancia correspondente sobre a posibilidade de…

  • Primeira entrada.- Comezo de copia do blog de O Tesón

    Estamos en probas. Queremos ofrecer un contacto entre a directiva da asociación e os socios e a poboación de Ribadeo en xeral. De pronto, que te parece a idea? gústache a presentación do blog? … Entrada publicada en http://o-teson.blogspot.com na mesma data á que é asignada a súa reprodución e o mesmo etiquetado.

  • Un anuncio como terceira de hoxe

    … a lotería de O Tesón está na rúa. Aínda non tocou nunca, logo é de esperar que cada vez esteña máis preto o día en que si o faga.

  • Do concello e dos veciños

    Onte, por segunda vez e menos dun mes, un regueiro de aceite caeu dun dos contenedores entre a r/Viejo Pancho e a r/Pasarón y Lastra. esta mañá, cando escribo, xa está sendo limpado a mangueirazos con presión por operarios municipais (Grumir). Coido que debeu ser moito máis sinxelo botar o aceite nun sitio totalmente inadecuado…

  • Espazo en doazón

    Andivo estes días en boca e letra de ribadensess o asunto da posible doazón do que queda do espazo mercado polos ‘Amigos da Gaita Galega’ para a construcción dun asilo. Lembrando, xa foi cedido espazo para a ampliación do IES Porta da Auga e para a construcción dun polideportivo, o ‘polideportivo novo’, ambos visibles nas…