-
Falta auga na terra da auga
E claro, cóllenos por sorpresa. Estáse a falar de infrastrutura, tentando botar a culpa a que nos últimos 30 anos (enténdas, PP), non se coidaron as infrastruturas. O lema parece ser ‘mellor botar a culpa ás cousas e ós outros que non votan ou non nos van votar, que a nós memos, a todos nós,…
-
Lograrei editar a entrada ou impediramo telefónica?
Estes días tiven que facer paciencia para editar. A liña de subministro é un desastre, e o culpable está totalmente identificado: telefónica, a subministradora do servizo. Esta mañá non vou poder, pero que vaia contando a OMIC cunha reclamación miña. E aconsello á xente que o faga tamén: a unión fai a forza, e se…
-
Unha segunda de hoxe, xa vella
Polo menos en xerme xa foi publicada no blog (agora será publicada tamén noutros medios): Señores da Xunta. Atópome que o noitebús non só continúa senón que se amplía. Tamén me atopo con que Galicia non destaca pola reducción de accidentes de tráfico. E con que, que eu saiba, non hai ningún estudo que demostre…
-
Agasallos de Reis en Ribadeo
Onte chegaron os reis, e como sempre, para algo son monarquía, aliáronse co poder actual no seu discurso. De calquera xeito, soe ser un discurso benévolo, e este ano tamén o foi. E logo, trouxeron agasallos: parece que a algúns lle trouxeron a legalidade das vivendas mercadas / vendidas de xeito irregular, mentras que a…
-
Unha referencia a ‘Vida socio-política’ en Ribadeo (3ª de hoxe…)
No blog de O cargadoiro / vida socio-política de Ribadeo aparece un listado de sitios arqueolóxicos en Ribadeo, pero está un pouco difícil de ver. A ver se aquí o dou posto un pouco máis claro: Xacementos arqueolóxicos inventariados pola Consellería de Cultura en Ribadeo:
-
Curiosidades ribadenses 2008 (II)
Na loita contra o ruído, Ribadeo ten moito que dicir. Non só os sres. alcaldes dende hai uns cantos mandatos, senón a xente da rúa. Un caso: hai xa preto de dous anos, pedíronme axuda para tentar que un local non se puxera nun determinado lugar que molestaría ós veciños. Despois dun café para enterarme…
-
Curiosidades ribadenses 2008
Comecemos por unha adiviña. Que é o que se pode atopar de xeito máis probable diante dun contedor de cartón? (a resposta, como primeiro comentario)
-
Achéganse os reis
Pasei polo nacemento da ‘Orden Tercera’, este ano a cargo de Choupín (Victor Manuel Sanjurjo Láncara) e vin achegarse ós reis ó portal, polo tanto, xa vai sendo hora de colgar o díptico da cabalgata…
-
Ano novo: paro crecente, inflación crecente, problemas crecentes
As primeiras novas do ano, xunto cun intento de potenciación nalgúns medios da figura do Rei, xa comezada o pasado ano, poñen de manifesto a continuidade noutro tipo de novas, como as económicas, onde o aumento inflacionario e o repunte do paro que se apuntaban cara a fin de ano son confirmados, mentras os comerciantes…
-
Pero, que é isto?
É máis doado vir de Burela a Ribadeo (ou viceversa), máis barato, hai que esperar menos, está máis subvencionado, … de noite á movida que de día ó hospital. Ou non é asi?