Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Contigo Galiza decide por todo o que paga a pena con cabeza e corazón

    Ó comezo da campaña eleitoral pódense facer algúns xogos. por exemplo, combinar os lemas das vallas que se van poñendo (en Ribadeo, polo momento, vin cartelería de tres tipos: PP, PSOE e BNG), como fixen no título desta entrada. Por certo, que sendo quizais o do BNG o lema que menos chama ‘á interioridade’ dun,…

  • Unha vella entrada: Vin a ría con patos

    De cando en vez recupero vellos escritos, publicados ou non. Hoxe tocoulle como segunda entrada a este, ‘Vin a ría con patos’, que entendo que foi publicado en A Mariña/El Progreso de 22 de xaneiro de 2005 Vin a ría con patos. Sábado 22 de xaneiro. Camiño á Veiga, vexo a ría a medio encher…

  • Debate

    Comezou a campaña. Onte mesmo, falando de pasada con outras dúas persoas, que coido en principio de ideas políticas máis ben algo distantes das miñas, sobre o debate que levarán a cabo dentro de tres días Rajoy e Zapatareo, comentei que xa estaba sabido quen gañaría. Pola cousa ‘de pasada’, quedei sen poder aclarar máis,…

  • A ordenación, dende o accesorio

    Unha ordenación, como calquera actividade, ten un núcleo e tamén cousas accesorias. O básico é o núcleo, pero moitas veces é o que pasa ó segundo plano, quedando só como testemuña de algo que sucedeu, mentras o secundario, o accesorio, pasa ó imaxinario popular, á ‘historia’. É dende un consciente segundo plano dende o que…

  • Esta noite comeza a campaña

    Pero na realidade, despois dun longo tempo de ‘precampaña’, quen se preocupa da campaña? Non houbo xa actos eleitorais en Ribadeo? Non levan postas algunhas banderolas cousa de 15 días? Non levan insultándose e ‘perdéndose o respeto’ abondo máis tempo? Non embargantes, quen sabe os nomes de máis de 5 candidatos por Lugo? (senadores e…

  • Cortes de luz

    Coido que a principal nova de onte en Ribadeo non sairá nos xornais de hoxe: era demasiado tarde, despois das dez da noite, cando comezaron os cortes de luz repetidos en boa parte do pobo. Curtos, pero moitos. Rematou a primeira fase cun máis longo, de varios minutos. E voltou de novo máis dunha ora…

  • A compravenda de vivendas, freada

    Tal como está no título, parece que non é novidade. Pero si que pode resultar novidade que se especifique nunha nova que se trata da compravenda de vivendas para especular. Hai detectada unha bolsa de unhas 700.000 vivendas para especular que non se están incrementando e que están agora saíndo ó mercado. Iso significa que…

  • Vaia novidade!

    Vexo no El País de onte nunha mesma páxina dous titulares que por si sós dan que pensar: “Escándalo social en Alemania por el frude fiscal de los ricos”. “La venta de champaña se dispara en España” (subtítulo: “El ‘boom’ gastronómico y de tiendas selectas impulsa el consumo”). Sen comentarios. Mentras, a prensa segue a…

  • En espera da publicación na rede do libro do antroido

    En espera da publicación na rede do libro dos 25 anos do antroido (que conto facer a próxima semana), aí vai o meu artigo como segunda de hoxe: — O antroido perdido e ganado na rúa Remato de ver unha foto dun ano que ás veces se considera perdido para o antroido ribadense: 1983. Perdido…

  • Sete anos, seis metros

    Resulta que as restriccións impostas para industris achegadas ó mar que xa esteñan funcionando inclúen que deben estar separadas seis metros da beira de auga. Non é moito, pero en instalacións grandes como a de Pescanova en Lago, pode supoñer obras importantes. Por eso é lóxico que se de algo de tempo para facela cumprir.…