-
Elixir colexio libremente favorece a eficiencia educativa e económica
O título corresponde a un artigo, lido por min o mesmo día que coñecín asemade os entresixos da nova estrutura dos centros de ensino medio en Ribadeo, algo que parecería ir en contra da liña marcada no título. En resume: Desaparecen os IES Porta da Auga e Dionisio Gamallo. Créase un novo IES, único en…
-
Movida
Despois da visita a Lugo onte das direccións completas dos dous IES de Ribadeo, o Porta da Auga e o Dionisio Gamallo, hai espectación sobre que o que pasou (e, sobre todo, o que pasará). É a primeira volta que lembre alomenos dende o ano 1982 na que se presentan en Lugo as direccións completas…
-
Web
Hai xa varias semanas que no blog adiantaba que posiblemente teriamos unha renovación, totalmente necesaria, da web do concello. Hoxe sae na prensa un adianto da súa estrutura, na que haberá información, promoción e colaboración. No de información non entendo moi ben se irá tamén toda a xestión que hoxe pode dar de si unha…
-
Falando
Vexo na prensa un titular: Marrocos plantéxase baixar o volumen dos muecíns por ser perxudicial para o turismo. Nótase que aquí somos ‘máis civilizados’: aproveitamos as procesións para o turismo e deixamos que os bispos cada vez falen máis alto. Non era deso do que ía falar en principio, polo que cambio de tema. Antonte…
-
107 dálmatas
Onte á noite 7 persoas no escenario do Hernán Naval fixeron música para elas e as cen (pode que algunha máis) que enchiamos o salón de butacas, unha música variada que chegou ó tamén variado público que se achegou. Moondogs blues party viñan avalados por certos éxitos; coido que en Ribadeo colleitaron outro. O seu…
-
98 euros
Ese será o prezo das fins de semana subvencionadas en Ribadeo, viaxe en Feve incluído. O concello, de novo favorecendo á hostalería ribadense. Como debe ser. Pero, postos a favorecer, tamén debería lembrar de favorecer á xente que se ve afectada por parte desa hostalería, esixindo dunha volta que cumpra a lei. E ten unhas…
-
Novas curiosas: addenda
Despois de Novas curiosas, queda a aprte prometida: fotos e medidas. Segundo as miñas medidas, cando se faga a outra beirarúa (só ten unha), a rúa entre xardín e Avda. de Galicia terá un máximo duns 7 m, e non 12 como está no plano e foto adxuntada na entrada anterior. Por outra banda, as…
-
… e chove
Hoxe volta a ser nova a choiva. Inundacións e … os Grumir actuando, eses que Ribadeo tiña e quedaron reducidos, repartidos por outros concellos limítrofes, e aínda así, diminuídos. Medran as novas relacionadas co ‘mal tempo’ por riba das críticas do PSOE en relación a que non se atende a súa proposta de alianza, botadas…
-
Chove, chove, chove … e chove
Ese é o resultado de agora mesmo desta noite, onte, a noite de onte, … sería iso o que fixo que pasara cáseque desapercibido o día da árbore este ano? Albíscase unha nova fronte de conflitos en relación co medio ambiente. E non me estou a referir no recente caso de Mahía contra o concello…
-
Begasa, galego e estrutura
Onte participei no debate de Onda Cero na Mariña. Había máis temas, pero quedámonos parados no do corte de luz. Comezamos por sentimento e opinión, e logo pasamos a unha parte máis técnica, na que entraron non só a infrastrutura (non só deficiente, senón tamén pequena xa en Ribadeo), senón a legalidade (a distribución de…
