-
Alarma! chegou o momento da verdade sobre a nave
Entérome do novo paso dado por portos en relación ó porto ribadense. Elixido o momento, xusto cando están as augas municipais máis movidas polo tema do PXOM, construtores multados, etc, xusto agora, é a presentación de portos sobre a nave no peirao de Mirasol. Xusto despois de non dar información durante meses. Xusto ó xeito…
-
Para coñecer Ribadeo: se non te entenden, confúndeos
Se non te entende, confúndeos. Unha frase que escoitei como consello dun terceiro ó meu interlocutor hai cousa dunha semana. Parece escollida para tratar algunha cousa do PXOM, que por outra parte ten apartados que son ilustrativos, parecendo aqueles vellos cadernos de hai unhas dúas décadas, coido que titulados ‘Para coñecer Ribadeo: A Vila’ e…
-
a democracia e os seus valores tamén se aprenden
Falta fai. E necesidade. O título corresponde ás verbas dunha teóloga autora dun libro de Educación para a cidadanía. O feito de que sexa teóloga dálle un pouco mías de glamour a un tema que ven enfrontando igrexa (e defensores políticos das posturas expresadas pola igrexa como estrutura de mando) co goberno do estado dende…
-
Botando contas
Remato de ler que as multas a construtores en Ribadeo foron acollidas con ‘sorpresa e recelo’. Non podía ser doutro xeito cando, a máis de ser a quen se lle impoñen, están afeitos a que non pase nada e non dan crido que agora si poda pasar. O ver unha multa de 57.000€ (nove millóns…
-
Documentos
Cargo a nota de prensa do concello de Ribadeo correspondente á nova de hoxe nos xornais: a multa a varios construtores por infracción urbanística (a lembrar que clicando sobre a imaxe pode verse soa e logo, ampliada). Non a comento, pois coido que se comenta ela soa despois de ter feito varias entradas sobre o…
-
Nota de prensa sobre as multas a constructores
Nota de prensa O CONCELLO DE RIBADEO MULTA A CINO CONSTRUCTORES POR INFRACCIÓNS URBANÍSTICAS. A CONTÍA TOTAL DAS SANCIÓNS ACHÉGASE AO MILLÓN DE EUROS. Ribadeo, 23 de abril de 2008. O Concello de Ribadeo ven de enviarlles a cinco constructores outras tantas propostas de resolución coas multas que lles impón por cometer diferentes infraccións urbanísticas.…
-
Prestar atención e paying attention, dous xeitos de ver o mundo (2ª de hoxe)
Un artigo, http://lamediahostia.blogspot.com/2008/03/seth-godin-sobre-el-futuro-del-negocio.html lévame a pensar sobre o diferente que é falar un idioma de falar outro, algo que ten que influír sobre os campos de ideas que son a base do noso pensamento. A versión galega ou castelá do termo, ‘prestar atención’, parece indicar unha espera de que, a continuación ou próximamente, haxa unha…
-
Interrupción do embarazo? A xestación do plan urbanístico de Ribadeo, lista para interrupción
Onte xurdiu, de mans de UPRi, unha nova dúbida sobre o proceder do goberno municipal, como estaba anunciado e coas salvagardas que expresei no anterior post. Di Francisco Rivas que non se entregou toda a documentación, en concreto, os planos de detalle dos núcleos rurais, escamoteándoos ó longo de todo o proceso, incluída aprobación inicial,…
-
Unha entrada en relación Hernán
Remato de descubrir http://centros.edu.xunta.es/iesgamallofierros/webantiga/linguagalega/lg_autores/naval.htm, unha biografía ‘literaria’ de Hernán Naval (a mesma que aparece en ‘Autores ribadenses en lingua galega’, publicado no 2002 polo IES Gamallo Fierros de Ribadeo)
-
UPRi, música e ruído fóra de Ribadeo
Hoxe está anunciada unha intervención pública de UPRi. A posta en escea será co motivo anunciado de irregularidades no PXOM, que segundo parece non coincide co aprobado. Despois de anteriores citas da UPRi, pódese supoñer que algo hai, pero non tanto como a espectativa creada. De calquera xeito, hoxe non publico máis relacionado co PXOM……