Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Iniciativas

    Despois do multitudinario enterro de onte, óense máis algunhas iniciativas e ponderacións. Dende unha estatua ó cambio do nome da ponte dos Santos, dende dicir que foi o mellor alcalde de Ribadeo a que nunca lle pagaremos o que fixo polo pobo. As críticas, nestes momentos, non se din máis que en ambientes cerrados, como…

  • Un aviso

    Atópome hoxe ó abrir o blog un anuncio ó final. Supoño que non terei xeito de desfacerme del, por algo o aloxamento é gratuíto. Pero non o vexo nos outros blog que manexo. Probo de novo, renovando a páxina, e non sae. Isto é un misterio. Así que xa veremos…

  • De ‘A cor púrpura’ ó ‘Club da calceta’

    Hai xa anos que vin “El color púrpura” no cine. Lembrarei toda a vida cando lle din á protagonista “eres pobre, eres negra, eres mujer”, para deixarlle ben clariño que está no fondo da escala social por eses tres conceptos, ordenados de menor a maior importancia, o derradeiro, remachando. Unha historia épica da superación dunha…

  • A ver se me engano

    Pode resultar inconvinte, pouco político, manter determinadas opinións, e máis en momentos concretos. Decátome delo con certa frecuencia, e, ó tempo, paréceme que é necesario o facelo así, que esas opinións, se un cre nelas, hai que mantelas sobre todo neses períodos de máis inconveniencia. Hoxe pode ser un deses días de máis inconveniencia. Onte…

  • Nota de prensa: ría si, nave non

    Preparando a manifestación do día 10: Ria si, nave non      Segue segundo o previsto a preparación da manifestación do domingo 10 en Ribadeo, que terá como lema ‘Ría si, nave non’.      Vanse recibindo os primeiros apoios, contamos xa con xente de ambas marxes da ría e tamén coa criación dunha coordinadora de veraneantes,…

  • Sobre a nave na ría de Ribadeo

    Coido que é cousa de deixar por un momento máis detalles do PXOM: o Goberno do Principado de Asturias pide explicacións á Xunta pola nave. Vamos, que non deixou pasar tempo para pensalo, e menos cando se comentaba que a alternativa a Ribadeo era Avilés. Os alcades da outra beira tampouco temen obxectar unha obra…

  • Chan rústico de protección de augas

    Si, haberá que protexelas: na imaxe de O Valín- A Capela- a Pastoriza, o S.R.P.Ag que aparece, atravesando a imaxe dende a parte superior dereita ata o centro de abaixo, inclúe o depósito de residuos, prácticamente onde está sinalado o rótulo. Engado tamén o polígono industrial. Non porque teña nada de especial (quizáis o que…

  • 1º de maio e urbanismo.

    Vale, hoxe é primeiro de maio. É cousa de lembrar que a loita dos traballadores polo control das nosas vidas, e conmemoralo. Pero pode que o mellor xeito de facelo sexa precisamente traballando nesa loita. Como os gandeiros estes días, coa manifestación en Santiago. Ou nas xuntanzas mantidas ontes sobre o plan urbanístico de Ribadeo,…

  • Nota de prensa do concello en relación á nova nave do porto

    Despois do primeiro e segundo post de hoxe, a nota de prensa correspondente do concello: nota de prensa O ALCALDE DE RIBADEO TILDA DE DISCUTIBLE O PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN DUNHA NAVE DE GRANDES DIMENSIONS NO PORTO DE MIRASOL Ribadeo, 30 de abril de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, non quere facer valoracións precipitadas…

  • Un pouco de relaxo despois do post anterior

    A modo de relaxo do post anterior sobre a construcción da nave en Mirasol, tentando de sorrir, cargo unha imaxe do plan, sobre o planeamento dos concellos limítrofes, di. Trátase da zona límite con Barreiros; está sinalado o Comado cun punto vermello, e, en pleno concello de Barreiros, na parte superor da imaxe, un pequeno…