Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.303 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Ribadeo e a política actual

        Un par de feitos, unha especie de desafío político ás asociacións de veciños de Ribadeo a semana pasada, e a opinión do presidente bretón do comité de irmanamento con Galicia achacando ós comités galegos demasiada politización, fixéronme pensar.      O primeiro, que se debe ós actuais políticos de Ribadeo, comezando polo alcalde, a seriedade…

  • O día de hoxe en Ribadeo

    Choiva e bo tempo. Estrea en Rinlo polo novo grupo de teatro de Ribadeo de ‘La casa de Bernarda Alba‘, de Federico García Lorca. Invitado, non podo asistir. Case ó tempo, a procesión do Corpus. Tampouco a choiva deixou. As fotos amosan algo do ambiente. E acompaña unha foto para lembrar que comeza a campaña…

  • Nave no peirao de Ribadeo, Asturias, ligazóns e comentario

        Recollo da Voz varias ligazóns do sábado (1, 2, 3, 4) nas que se da nova dos últimos contos sobre a nave do porto de Mirasol, en particular a raíz das declaracións da conselleira asturiana de medio ambiente no seu parlamento. E tamén do domingo (e nos xornais asturianos).      Coido que xa meditei…

  • Ribadeo de tapeo 2008

    … O libriño deste ano

  • Finalizando co último pleno da corporación ribadense

    Sobre este pleno de Ribadeo (antes, contestción de preguntas de O Tesón, puntos soltos do pleno, e a maioría dos puntos). …seguindo coas preguntas do PSOE O que se fai no xardín de indianos non coincide co aprobado. Fáino Medio Ambiente, que ten no traballo á empresa Tragsa. Detectaron deficiencias no proxecto, o redactor do…

  • A nova de hoxe

        A nova de hoxe aínda a teño que dixerir: que sexa o goberno asturiano no seu parlamento quen diga que a nave non se vai a construír, que llo dixo o goberno galego, sóname a tempos medievais en Galicia e de ilustración e Asturias. Voltarei sobre o mesmo.     Mentras, outra parte do pleno…

  • Día mundial da biodiversidade

    Hoxe é o día mundial da biodiversidade. Atópome un artigo en internet que explica a importancia de que haxa especies de todo tipo, equilibrando a balanza vital. Inmediatamente véñenme á mente a ría e tamén o noso propio ‘ecosistema ribadense’, así como outros desequilibrios: a prensa leva varios días co tema de que a autoridade…

  • Algunha ligazón sobre o pleno e a nave en Mirasol

    http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2008/05/21/0003_6835746.htm http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2008/05/21/0003_6835747.htm E unha carta na Voz. Sairán máis…

  • Pan e letras: cultura en galego todo o ano

    Pasado o día das Letras Galegas, unha segunda entrada hoxe para lembrar a celebración deste ano, tentando estendela un pouco máis aló dun día, coa reproducción da tarxeta que o concello deixou para repartir nos comercios de pan e das letras ese día. En Ribadeo, a cultura oficial estase a facer de xeito maioritario en…

  • Un novo día

    Vin no blog de José Mª unha crónica do pleno. O saber que xa está en internet unha crónica completa, aínda que diferente da que poda facer eu, permíteme unha tranquilidade á hora de abordalo. De calquera xeito, dado que as novas de hoxe na prensa refírense ó pleno, se exceptuamos o comezo do segundo…