-
Resposta municipal nun mundo en cambio
Parece que ó alcalde cóstalle variar a liña de acción municipal: hoxe aparece na prensa que dos ultimatum que lanzou hai tempo ás casas en mal estado no casco vello (ver contestacións ó final dun dos post adicado ó pleno último), aínda se segue esperando, e que ‘a próxima semana’ vai ordear as actuacións subsidiarias.…
-
Documentos para xulgar
Mentras comeza a sentirse o efecto da folga de transporte (aínda despois de chegar a un acordo con partes implicadas que non tiñan convocada folga), hai cousas que hoxe en día son moito máis doadas de transportar/acceder e que rematan tendo tanto efecto como estas outras máis visibles. Son ‘os papeis’. Papeis como os que…
-
Como un anexo
Pois iso, como se fora un anexo á entrada anterior: xa comezaron as obras na Veiga, permitidas polo concello de Castropol. Sen estudo de impacto ambiental.
-
Novas de xente amiga
Mentras que a folga de transporte arrecia, seguen a chegar novas diversas. Dende que unha cisterna pasou escoltada para un subministro mínimo ás gasolineiras de mariñás ata un preacordo para a construcción da subestación eléctrica para o polígono (e para Ribadeo) ou ata o recoñcemento do mal estado da Casa da Ría de Ribadeo. Dende…
-
Dúas fotos de Ribadeo e algunha noticia
Hai dous días que dixen de pasada sobre praza de indanos que parece que están a facer nalgunha parte no Xardín de Sela. Coido que a foto da testemuña dela na división central do mesmo. Houbera xa un comentario alomenos nun pleno sobre que non ía ser un parque de indianos. Coido que agora os…
-
De ‘Non á ponte, xa o hai na Veiga’ a catro carrís
Un paso cara ó faro permitiume tomar algunha foto, e lembrei unha antiga pintada de ‘Non á ponte, xa o hai na Veiga’, hoxe xa repintada con varias veces doutros temas estranos (pero da que se ve aínda algunha letra). Tamén queda patente nas fotos o estado das obras de ampliación, onde se ve a…
-
O ruído pode ser cómico…
… cando se usa para unha viñeta e se mira descansado. Ista, exacta, que da no cravo no tema do ruído, non é a primeira viñeta que vexo do estilo feita por Forges; á de hoxe engádolle a de 12 de maio, doutro carácter e explicación moi diferente, ambas do ‘El País‘. Se alguén quere…
-
A ría de Ribadeo, na Comarca
Escaneo hoxe un artigo de Pancho Campos, o Presidente da AVV O Tesón, que sae este fin de semana na Comarca (premer co rato para ver ampliado). O certo é que a ría, a raíz da nave de Mirasol, ocupa boa parte do espazo de que dispón o semanario. Hai un artigo de Farruco Graña,…
-
De rías e xentes
Pódese comparar a ría de Bilbao coa ría de Ribadeo? Quita de aí!. Por desgraza e ata o presente, unha semellanza comparativa se podería dar tamén coas xentes que poboamos a ría de Ribadeo e algúns outros conxuntos poboacionais. Sen querer dicir por eso que sexamos peores (ou mellores), pois todos somos primeiramente persoas, e…
-
HAINA, here always there is alternative, tamén en Ribadeo
Despois de escribir hai moito tempo xa un artigo titulado “Tina ataca de novo” (tamén aquí, o primeiro en dixital do artigo), sobre o que queren que pensemos e o que podemos pensar, mira por onde as novas lémbranme de outra vez o mesmo tema. Por unha beira, o mesmo día que se inicia a…
