-
Entre as curtas on/off e a visita do Presidente de Portos de Galicia
Onte comezou a proxección de curtas on/off 2008 en varios lugares de Ribadeo. Deixo o programa escaneado á beira. Por certo, ó cine concerto experimentei onte que lle falta afinación técnica de son para poder competir co concerto de cine da banda, a pesares de que a película non estaba mal: o retumbe no cantón…
-
Unha ligazón moi interesante
É un post sobre a nave en Mirasol. Coido que non ten desperdicio para quen quera meterse algo en profundiade no tema. Aconsello encarecidamente a súa lectura.
-
Máis notas
Despois da nota de prensa sobre a manifestación do día 10, remato de poñer dúas notas de prensa do concello no blog correspondente, unha sobre o aparcadoiro de Augas Santas (que xa comentei someiramente) e outra un agradecemento na restauración dos cocos (máis ben, segundo teño entendido, en facerlle novos traxes ós cocos).
-
Unha nota de prensa sobre a manifestación para impedir a nave
Coido que ten relevancia abondo como para publicala por separado. Acompaño unha foto do recheo de comezos dos 90: é aparcamento un pista de derrapes? A resposta: as dúas cousas. Nota de prensa AVV O Tesón + Plataforma Pola Defensa da Ría Ribadeo, 29/07/2008 O próximo 10 de agosto de 2008, ás 12:00, con saída…
-
Un novo panfleto turístico
Presento hoxe as dúas portadas do novo panfleto turístico. Ten unha presentación clásica pero gustosa. Con información e en base a debuxos, non fotos. Esta volta hai diferencia co folleto recén retirado sobre Rinlo, ou o correspondente ás Cruces (do mesmo xeito, e en espera de escanear)
-
Estatutos reformados da Asociación de Veciños ‘O Tesón’ de Ribadeo.- copia do blog de O Tesón
Con posterioridade á súa fundación, en asamblea extraordinaria do 22 de abril de 2006, realizouse unha variación no punto 9º dos estatutos, quedando como segue: ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “O TESÓN” DE RIBADEO TÍTULO I. DA ASOCIACIÓN EN XERAL Art.lº. Constitúese no Concello de Ribadeo unha asociación que se denominará ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “O…
-
Estatutos de Asociación de Veciños ‘O Tesón’ de Ribadeo.-copia do blog de O Tesón
Atención, ver actualización. ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “O TESÓN” DE RIBADEO TÍTULO I. DA ASOCIACIÓN EN XERAL Art.lº. Constitúese no Concello de Ribadeo unha asociación que se denominará ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “O TESÓN” DE RIBADEO, que se rexerá pola vixente Lei Orgánica 1/2002 de 22 de Marzo, reguladora do Dereito de asociación e demais…
-
Castelos na area
… aquí están os resultados do concurso de castelos na area na praia de Arealonga (San Miguel, Barreiros) onte domingo. Ben, son os ‘meus’ resultados, que non sei se saíron premiados (supoño que si, había abondos máis premios que figuras) pero coido que serían os máis meritorios. Iso si, non están por orden de apreciación.…
-
Do festival de bandas de Ribadeo
Onte houbo outro concerto, pero como non vou ir, pois… Despois do anuncio, o díptico e algunha ligazón. A dicir que primeiro actuou Sober, que engadiu dúas pezas máis. Como Soutullo leva morto máis de 70 anos (i.e., a súa obra pasou ó dominio público), poñerei a actuación da BMMR, a nosa banda de Ribadeo,…
-
Quen se vai perder hoxe o festival de bandas?
O Paseíllo (=desfile), antes, sobre as 20; o festival, ás 20:30 na Praza da Música. Está previsto que a Banda Municipal de Ribadeo toque, por esta orde: – Sangre de artista – Invicta – Festa paesana – Medley boleros – Ponteareas