Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.454 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • De onte e de hoxe

    Onte entereime do servizo de Google de procurasde webs anteriores a 2001. Se nel se procura Ribadeo, atoparase en terceiro e cuarto lugar a miña vella web, aínda activa pero totalmente desfasada, creada aló hai máis de 14 anos. da un pouco de nostalxia. Onte tamén traía a prensa a reapertura da ponte xa con…

  • 1 de novembro

    Estas datas son persoais. As fotos, do mercado de flores o xoves.

  • Movementos, pero non á vista

    Parece que antonte foi a presentación do curso na Escola Municipal de Música; entérome a auga pasada, e seguro que habería algún cartel ou mesmo que enviarían hai tempo algunha comunicación ás casas. Pero polo menos, non son consciente de ter visto nada deso. E xa teño escoitado de varias persoas que non se enteraron,…

  • Primeiro o alonxamento, despois o retraso. Ou era ó revés?

    Vexo hoxe na prensa que o Sergas recoñece retrasos en atención pediátrica primaria. Días despois de que saibamos que a Mariña se queda sen representación veciñal no consello do hospital da Costa, sendo representada por xente de asociacións de Lugo. E quédas un perplexo: teñen algo os de Lugo que non teñamos por esta zona?…

  • Despois da ponte, a realidade

    Nunha nota rápida, despois de colgar a entrada da ponte, vexo que nos EEUU xa hai acordo para o rescate dos ricos. Van empregar aproximadamente o que ganan 10.000.000 de empregados, o 40% dos empregados españois de menor soldo, durante 10 anos, íntegro antes de impostos, dos seus impostos (é dicir, pagarano os empregaods estadounidenses…

  • Unha nova ponte

    Eso era o que parecía onte, con restriccións de paso de coches e de persoas, sen rematar as proteccións, etc. Víase (difícil amosar nas fotos) o bandeo en cada parte da calzada, pero tamén o lembro de antes. Parece ser que na proba de carga tiña unha flecha engadida (é dicir, recuo cara abaixo) uns…

  • Déixasme pensar por ti?

    Así, solta, é unha pregunta tonta, das que, se se plantexa, é en circunstancias moi especiais e ademáis con connotacións tamén especiais. Nembargantes, o que poderiamos chamar forza da tontería que subxace varía moito se pasamos da mera pregunta á aseveración: penso por ti. Distingamos novamente: non o un “penso en ti“, senon un “substitúo…

  • Outro artigo xa vello: fotos

        Fotos      Paseando por calquera vila, en particular en Ribadeo, poden atoparse fotos elocuentes. Xunto a outras, testimonio de enlaces matrimoniais, banquetes e demáis, amósanse algunhas que fan de testimonio gráfico da xeografía ribadense.     Hoxe chamáronme a atención dúas, expostas no mesmo escaparate, nas que se amosa nunha, Ribadeo coa ría, e, noutra,…

  • Un artigo xa vello: comentario a pé de páxina

        … afortunadamente, o último envite contra da ría non saíu adiante… Comentario a pé de páxina.      A Corporación Municipal de Ribadeo parece ter pasado de páxina co tema do recheo. A ese cambio refírese o título: comentario sobre o cambio que presenta un novo panorama.      O artigo que se publicou na Comarca…

  • Caca, culo, pedo, pis … e Barras eléctricas Galaico-Asturianas

    Mentras as eleccións norteamericanas pasan a ser a principal nova nacional, outras cousas menores ocupan o nicho que lles deixa a nova principal. Unha nova levoume ó título da entrada de hoxe, lembrando con que fruición os pícaros pequenos manifesta unha rebeldía con sorriso ó permitírselles mentar unha retahíla de palabras semellante ás do título.…