Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.454 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Cogomelos

    Andamos na época. Martes, polo mal tempo, non poideron saír os alumnos do IES Porta da auga recollelos para logo montar a exposición. Outro día será. Mentras, na mesma horta pensada para acoller ó ‘patio de recreo’ do xeriátrico público ribadense, en Ove, un par de días antes habíaas a mansalva, só dun par de…

  • Amencendo

    Nunha crise económica como a que se nos aviciña, (ver, por exemplo, algunha nova de hoxe)pode que non sexa tan mala cousa mirar ó pasado para aprender e procurar ideas. Fáise a nivel internacional, rebuscando na crise do 29, (por certo, o 24 de outubro foi o día de referencia, de comezo da baixada que…

  • Pouco a pouco

    Pouco a pouco vai mellorando a técnica. Remato de engadir o primeiro mp3 no blog de notas de prensa do concello de Ribadeo. Co tempo, espero que chegue a xeralizarse a cousa.

  • Inflacción de novas

    Hoxe descubro na prensa unha auténtica inflación de novas sobre Ribadeo. Dende o pleno ó camión que onte montaba unha grúa na rúa peonil (coido que sen as alfombras que estaban afeitos a poñer), pasando pola visita do Porta da Auga a Francia (xa pasada), as novidades/actos do servizo de prevención de drogodependencias, o aumento…

  • Pleno 20/10/2008 (II)

    O terceiro punto da orde do día do pleno de onte era a representación do Concello no grupo de desenvolvemento comarcal de A Mariña. A proposta do grupo de goberno, a solicitude de seren Fernando e M. Luz. Certamente, parecía ó comezo que foran dous representantes en troques de un e suplente para unha entidade…

  • Pleno 20/10/2008

    Comezou ás oito do serán e finalizou ás nove menos dez, con ausencia do nº 3 socialista. O primeiro ponto, propio trámite de urxencia, pasou sen importancia. O segundo, a proposta de non admisión a trámite da petición de Balbino para cobranza do soldo segundo el retirado inxustamente a finais do mandato anterior, nun pleno.…

  • O mundo segue

    Lévome sorprendido moito de como -e por que- caeu o ‘telón de aceiro“. De cando en vez atopo algunha pista máis, aínda que siga incrédulo. Esta fin de semana atopei nun artigo de Santos Juliá unha cita de Marx (Karl), no ‘Manifesto do Partido Comunista‘: “O goberno do estado moderno non é máis que o…

  • Un artigo alleo

    Vexo hoxe no blog de Jorge Cortell varios artigos que me gustan sobnre política, ideas e sociedade. Deixo só unha ligazón, que fala no mesmo sentido que teño feito eu en moitas ocasións.

  • Asimetría

    Vexo a nova de que o Concello de Castropol foi multado por Medio Ambiente con 600 € polos verquidos en Penarronda, procedentes do Polígono Industrial de Barres. Algo que xa saíu no blog con anterioridade e que fixeron ver os ‘Amigos del concejo de Castropol’, que tamén teñen alertado das deficiencias dos verquidos á ría…

  • Comisión de goberno

    Teño noticia da comisión de goberno de hoxe porque segundo parece váise tratar entre outras cousas a que coido é rocambolesca reclamación de soldo de Balbino Pérez plantexada hai uns meses, case 13 000 € por 53 días que lle quitaron o soldo de alcalde. Mágoa que trascenda públicamente na prensa ese tema e non…