Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.454 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Conexións

    Sorprendo hoxe na prensa dúas novas referidas ás arterias de comunicación viciñas a Ribadeo. Por unha beira as auto-felicitacións dalgún deputado polo avance futuro do corredor costeiro ó tempo que, pola outra, na Pontenova están que trinan co estado da N640 entre A Pontenova e o Marco de Álvare, realmente desastroso como puiden comprobar o…

  • Ferraris

    Hai non moito poñia un artigo sobre a cantidade de coches de ostentación en Ribadeo. Vexo na prensa que Ferrari, en plena crise que fai baixar a venta de coches novos en España ata un 40% (outubro 2008/outubro 2007), aumenta a súa facturación, baseada en exclusiva en coches caros, e ten xa vendida a producción…

  • Datos do uso arquitectónico en Ribadeo

    Remato de ver a Comarca (sábado 1/11/2008, nº4625) e nela un artigo de Eduardo Gutiérrez, ‘Lalo’, titulado “Unha modesta proposición para a terceira idade” no que expón como apoio á súa argumentación unha serie de datos de historia de edificios de Ribadeo, que extraio: Edificio de r/Trinidade 6. Casa particular dende os primeiros anos do…

  • Ribadeo, Cortijo

    Tomo o título a partires dunhas declaracións de Andina en relación a Balbino Pérez Vacas, que coido deberan ter máis repercusión, pois o de considerar o concello como propiedade e non como deber de administración é algo extendido entre os alcaldes. Pero non só parece ser cousa de alcaldes o trato a Ribadeo (e á…

  • Noticia: chove

    Unha revisión dos datos fáime reescribir de novo este artigo: Calquera que baixe dende o concello a Mirasol verá que non pode pasar. Non se trata do peche do Porto de Mirasol, senón do desprendemento de terra que levou por diante parte dunha nave en Mirasol. O motivo? As choivas da fin de semana, o…

  • Aviso de exposición

    O día 3, luns, ás 7 da tarde, hai a inauguración da exposición “Lembranzas de Ribadeo”, organizada pola AVV Atalaia na oficina de Turismo, sita na rúa Dionisio Gamallo Fierros. Queda ata o 9 para a visita. Deixo o cartel, collido da súa web.

  • PP, PSOE, IU

    Outro día enterámonos da condena dun alcalde de IU por insultar a el Rei. Dada a magnitude dos insultos, sen presentar ‘probas’, non é estrana a condena, a pesares de que el di que continuará para probalo. Posiblemente, igual que moitos outros, eu incluído, atoparase coa administración e o seu secretismo (ver o libro ‘Cuando…

  • Nova directiva de Amadores da Música (II)

    Despois de deixar a entrada primeira sobre a nova directiva de Amadores, houbo cambios. Aquí vai a nova orde: Leandro Sendín Fernández (Presidente) Salvador Fernández (Vicepresidente) Ismael Porto Barcielas (Secretario) Mª Teresa González Piñeroa (Vicesecretaria) Mª Griselda Ríos González (resp. vestiario) José Ramón Fernández López (resp. instrumentos) Mª Guadalupe Lindín Lanza (vocal) Secundino Fernández Martínez…

  • Remato de recibilo

    No boletín de cultura de Ribadeo, unha foto do porto de Rinlo (supónse que hoxe) e outra da cetárea de Meirengos: “David Rivas Peña enviounos esta mañá imaxes de Rinlo, dun día en que o tempo debía estar máis ou menos coma hoxe na Mariña.” (as fotos están subidas cun 23% de calidade sobre o…

  • É nova o polígono

    Pero de xeito imprevisto: polas declaracións do alcalde de Castropol en contra da súa construcción. Coido que un alcalde deberia medirse un pouco máis en opinar sobre os progresos doutros concellos viciños, e comprender ademáis, que xa pasou o tempo do monocultivo. Unha cousa é a especialización e outra a dependencia bananera dun sector. A…